8.8. - 163 ¿QUEN PODE SUBSCRIBIR UN CONVENIO ESPECIAL COA SEGURIDADE SOCIAL EN MATERIA DE SEGURIDADE SOCIAL?
As persoas que poden subscribir este convenio son as seguintes:
- Os emigrantes españois e fillos destes que traballen no estranxeiro. É indiferente que tiveran ou non estado afiliados á Seguridade Social española con anterioridade, e igualmente é indiferente o país no que traballen no sentido de que teñan ou non subscrito con España convenio de Seguridade Social.
- Os emigrantes españois que no momento do seu retorno non se encontren incluídos obrigatoriamente en ningún réxime público de Seguridade Social.
- Os españois segrares misioneiros ou cooperantes de institucións relixiosas ou organizacións non gobernamentais, que se considerarán emigrantes a estes efectos aínda cando manteñan unha relación laboral con ditas organizacións.