Ayuntamiento de La Coruña / Concello de A Coruña

Reportajes

Pedro Emilio Sanz Sánchez; presidente de "Toxos e Froles" : "Os símbolos de Galiza son os nosos símbolos"

O Real Coro "Toxes e Froles" ten feito moito pola promoción e divulgación do himno galego desde a súa creación a comezos de século. A entidade ferrolá ten en Fontela Leal un dos grandes impulsores do himno e tenta que acade todo o recoñecemento que merece e lle foi negado. Con motivo do centenario "Toxos e Froles" estará en Cuba para participar en diferentes actos festivos. O seu presidente cóntanos os plans do Coro

"O Real Coro "Toxes e Froles" sempre tivo o himno galego como peza central desde a súa fundación", así o afirma o seu presidente Pedro Emilio Sanz Sánchez. Esta asociación ferrolá interpretou por primeira vez o himno galego aló polo ano 1915 nunha actuación na Coruña. " No 1922 viron á luz dous discos de pedra; cada disco contiña dúas cancións e nunha deles figuraba o himno. Estes discos foron dixitalizados e reeditados no 2004 por Toxos e Froles", asegura o seu presidente.

Pedro Sanz destaca que " desde a fundación, os símbolos de Galiza son os nosos símbolos". A entidade grabou o pasado ano outro disco co himno galego e soe usalo en actos oficiais ou concertos imporantes, xa que logo leva a cabo unha labor importante a prol da divulgación e promoción deste símbolo da terra galega.

" O himno ten para nós moita importancia pola figura dun dos seus creadores, o ferrolán Xosé Fontela Leal que foi quen de comprometer a música de Pascual Veiga e a letra de Pondal". Fontela Leal foi impulsor da Real Academia Galega que naceu pola súa propia iniciativa e desde a asociación "Toxos e Froles" consideran que " é unha figura imprescindible que cómpre recordar e nos só agora senón tamén para as futuras xeracións. " A nosa biblioteca leva o seu nome e conseguimos que se lle rendise homenaxe nos actos de conmemoración do centenario do Himno Galego durante o mes de decembro en Cuba co descubremento dun monumento" según conta o presidente de "Toxos e Froles".

En canto á celebración do Centenario do Himno Galego que se levará a cabo durante o mes de decembro na Habana, onde se interpretou por primeira vez aló polo ano 1907, o presidente Touriño viaxará á capital cubana onde participará en dous actos oficiais o 7 e 8 de decembro. Desde "Toxes e Froles" xa teñen todo organizado e están a espera da financiación para viaxar a Cuba. Contan co apoio da Deputación Provincial de Coruñal, da Administración galega e do Ministerio de Cultura.

En canto ós actos a desenvolver, Pedro Sanz adianta que " o 18 de decembro temos unha ofrenda floral ante o Panteón de Ferrol no Cementerio Colón, unha actuación no asilo de San Rafael, no que residen moitos galegos e un Concerto de Nadal na Catedral. Os actos complétanse o día 20 de decembro co asinamento dun documento para o inicio do hermanamento da Habana en Ferrol, o descubrimento dunha placa do centenario e unha actuación no Teatro García Lorca (Centro Galego) no que tamén participarán outros grupos galegos e a Banda da Habana."

O Real Coro Toxos e Froles, ten tamén previsto organizar en Ferrol un festival para recaudar fondos para axudar aos membros máis necesitados da comunidade ferrolana de Cuba.

Durante a última estancia en Cuba do Coro "Toxo e Froles" foron doadas para o museo da entidade unha gaita e unha pandereta de Fontela Leal e tamén unha batuta pertencente a Pascual Veiga.