Ayuntamiento de La Coruña / Concello de A Coruña

Reportajes

O asesoramento en comunicación e o panorama do xornalismo en Uruguai segundo Manuel López

As restriccións na liberdade de expresión e a ausencia dun código xornalístico son as principais trabas para o exercizo do xornalismo en Uruguai segundo o empresario López Faraldo. En canto ao sector da comunicación empresarial destaca a falta de percepción dos empresarios do país, da importancia de posicionarse ben e contar cunha boa imaxe e con bos asesores para transmitila

En materia de asesoramenteo, Manuel López Faraldo é, na actualidade, un dos asesores en comunicación rexistrado na Oficina de Presuposto e Planeamento da Presidencia da República e ademáis “brindo información, asesoramento en xeral e execucións de plans de comunicación a empresarios e políticos estranxeiros así como tamén a empresas do medio local”, segundo afirma.

O empresario uruguaio fala así da súa labor de asesor “O asesoramento en materia de comunicación é algo intanxible, se cadra aínda máis intanxible que a publicidade e o márketing, onde se pode realizar unha medición a curto prazo dos resultados, pero en materia de comunicación, o efecto buscado é outro moi distinto; afianzarnos como fontes informativas permanentes dos medios de comunicación , polo que moitos empresarios de Uruguai non se dan conta de esa importancia e do aforro de cartos que provoca a boa fin de comunicar con efectividade”.

Manuel López, considera éste, o maior inconvinte tanto a nivel do sector empresarial como gubernamental e político, ao que tamén se dedica. No eido da comunicación empresarial, existen unha serie de rasgos que poden definir uns parámetros comúns ao sector dentro de Uruguai e que apuntan á precariedade; “Aínda temos moito que aprender, tanto a nivel asociativo como de proceso de comunicación xa que casi todos procedemos do sector xornalístico pero temos notorias carencias no perfil empresarial, e nesta economía uruguaia tercermundista donde se “regatea” moitos caen na tentación de ata regalar o seu traballo".

Independencia periodísitca, a ausencia dun código de conducta e sobre todo as restriccións nas liberdade de expresión, son as principais ameazan que sobrevoan o exercicio do xornalismo neste momento en Uruguai en palabras de Manuel López “Neste momento temos dous grandes problemas, un deles, que non existe a independencia do xornalista, xa que non temos un código de conducta que nos rixa a todos por igual. O sindicato de xornalistas uruguaio aínda non foi quen de elaboralo e ten grandes enemigos dentro de organizacións que se definen como defensoras da liberdade de prensa e afirman que para elo, cómpre que non existan códigos que as restrinxan. Sen embargo, son da opinión de que os propios xornalistas temos que ser quenes marquemos esos límites e teñamos presente cal é a vía pola que debemos transitar e ser penalizados por non facelo”

A lei de prensa existente é sumamente restrictiva da liberdade de expresión e “levou a varios colegas a ir a prisión por acusar a persoas que logo outro xulgado sentenciaría como culpables”

O empresario considera que tampouco a posición do país o favorece, proporcionándolle gran vulnerabilidade, “o que sumado ao problema da falta de apetencia por ler, cousa común na rexión, fai que os medios de comunicación teñan un contido estranxeirizante moi importante. Así e pouco a pouco, a linguaxe arxentina, en particular o porteño, penetre na sociedade uruguaia e tamén as súas accións como a violencia no fútbol”.

“Estos episodios mostran como o xornalimos uruguaio pouco a pouco foi desaparacendo, a pesar de que igualmente, se exportan colegas para Arxentina e outros países, pero seguimos producindo emisións estranxeiras na televisión privada uruguaia que superan ampliamente o 60%, co menoscavo da idiosincrasia uruguaia”, engade Manuel López Faraldo.