Ayuntamiento de La Coruña / Concello de A Coruña

Reportajes

“ Aquellas piedras, la capilla del gallego Farruco”

Unha capela abandoada e pertencente a un capitán pontevedrés marcou un punto de inflexión na vida de Manuel López Faraldo e no seu interese pola defensa dos seus orixes galegos. Levou a cabo unha investigación que deu como froito un libro e unha vez remodelada a capela, o propio empresario foi o artífice dunha romaria e mesmo dunha mostra de artesanía

 

Manuel confesa que o seu adn galego-uruguaio descubriuno o 7 de maio do ano 2000 “cando por primeira vez coñecín a construcción máis antiga en uso do interior de Uruguai , unha capela e un caso de estancia que pertenceu a un capitán do exército español, o pontevedrés Francisco Rodríguez. Alí realicei unha investigación que orixinou en seis meses o libro “ Aquellas piedras, la capilla del gallego Farruco” , declarado de interés estudiantil polo Consello Directivo Central da Ensinanza en Uruguai y de interés cultural polo Ministerio de Educación e Cultura uruguaio”.

Este acontecemento marcou un punto de inflexión no aprecio de Manuel Faraldo polo seu idioma familiar, o galego tal como explica “Dalí comezou o meu interés por defender a miña orixe galega e “dende aqueles anos comecei tamén a falar en galego, decubrindo que meus pais ata facían o amor en galego, entón, como non ía a falalo eu tamén”.

Esta capela de Farruco tivo, segundo Faraldo, un sentido denotador no meu norte de descubrir todos os lazos que unen Galicia con Uruguai, e nesa construcción, que estaba chea de animais e caendo converténdose irremediablemente nunha ruína, existe un lazo moi forte porque alí foi onde Farruco, o capitán pontevedrés, convenceu a José Artigas que deixara a súa vida de matrero e contrabandista e se enrolara no exército español, formándose logo alí e que sería libertador de toda a rexión e cuns ideais que aínda hoxe son permanentemente elevados por todos os democrátas do mundo”.

Unha vez remodelada a capela, o empresario ideou a creación no mes de abril dunha romaría internacional onde ademáis das tradicións uruguaias se incorporan as galegas. Comezou no ano 2001 con 3.500 persoas e neste mes de abril de 2008 lévase a cabo a séptima romaria en Farruco, ubicada a 270 kilómetros de Montevideo.

Ademáis da tradicional romaría , tamén Manuel foi o creador dunha mostra de artesanía, fotografías e un documental sobre esta construcción, que dirixiu e da que elaborou o seu guión. Esta mostra titulada “O grito das caladas pedras” recorreu todo o país de Uruguai.