Ayuntamiento de La Coruña / Concello de A Coruña
Reportajes
A colectividade emigrante de Uruguai está bastante dispersa en opinión de Manuel López Faraldo. A división é unha característica básica que o empresario pode observar de preto debido aos seus cargos como suplente do dirixente do Centro Galego de Montevideo.
O lazo de Manuel coa comunidade galega en Uruguai. A infancia estivo marcada pola discriminación dunha lingua que lle viña dada; “Nun principio meus pais organizaran un grupo de galegos da súa zona cos que facíamos romarias en distintas zonas das afóras de Montevideo. Para mín, naquel momento, ser galego era sinónimo de “burro” e máis se te chamabas Manuel, que era, casualmente, o protagonista de todos os chistes xenófobos contra os naturais de Galicia que eran a forza bruta de man de obra”, confesa Manuel. Esta situación fixo que se negara a falar en lingua galega “ a pesar de que na casa dos meus pais facíano e cando estaba cos seus paisanos tamén. Eu prefería falar en portugués do Brasil, país que tamén frecuentábamos”.
Co tempo e ao medrar e mergullarse pouco a pouco na colectividade galega Manuel percatouse “dese rexeitamento que levaba aos uruguaios por un lado, a discriminar a unha man de obra que viña a violar as leis laborais existentes desde a primeira década do 1900 como a lei de 8 horas e os aportes a caixa de xubilacións. Moitos dos galegos que chegaban a Uruguai facíano de contrabando e outros, se ben o facían legalmente, non traballaban no lugar onde foran reclamados para traballar. Ademais eran moi escasos os emigrantes que respetaran os laudos salariais pola tarefa que realizaban e menos o horario máximo de 8 horas diarias. A evasión de aportes para a xubilación tamén se daba de continuo, xa que os salarios eran escasos para uns emigrantes que buscaban o enriquecemento para volver á súa patria e ser alguén alá ou para establecerse en Uruguai constituíndo unha casa e unha familia”, asegura.
O experto en comunicación explica que tamén dentro da colectividade se producían divisións “tanto de orde político, dos que estaban a favor do dictador Franco e dos que estaban en contra, sen entender xamáis por que os que estaban a favor seguían aquí en Uruguai e non marchaban a España”. As división sociais tamén eran patentes entre a colectividade; “moitos galegos negábanse a participar en festas da colectividade, especialmente nos salóns, porque non dispoñían de roupa apropiada e facíanllelo notar, ata deixándoos fóra desa porta por non ter o calzado ou o traxe axeitado”.
A este respecto Manuel López asegura que aínda hoxe se vive , porque tan só un 10 % da diáspora galega en Uruguai concurre ás actividades das institucións e se a comparamos cos emigrantes galegos, a participación non supera esa porcentaxe.