Ayuntamiento de La Coruña / Concello de A Coruña

Reportajes

As orixes galegas de Manuel López Faraldo

Aínda que Manuel López Faraldo naceu e medrou en Montevideo, os seus país son de orixes galegas e pasaron unha tempada na nosa comunidade autónoma. Sabe o que significa ser fillo de galegos e as desigualdades respecto á lingua e a cultura espertaron nel un espírito loitador e en defensa sempre das súas raíces galegas

Manuel López Castro, pai de Manuel, naceu en Montevideo pero pasou bastantes anos da súa vida en Montevideo tal como conta o fillo: "A miña avoa non se aclimatou coa súa asma a estas terras e con seis anos de idade meu pai comezou a sufrir o desarraigo da súa terra natal e a pesares de ter vivido en Galicia, concretamente en Vilamateu, concello de Vilarmaior, desde 1922 ata 1956, o seu horizonte e a súa meta estaban postos en volver á terra que o viu nacer", asegura.

A nai de Manuel, Leonor Faraldo Martínez, tamén se trasladou a Galicia no mesmo ano 1956 a unha aldea moi preto da do seu pai, Gulfar, no concello de Irixoa. " O desarraigo da miña nai foi ao revés, ela viu como a súa familia se iba alonxando cada vez máis ata ser imposible chegar a casiña de Gulfar".

Con tan só 14 anos, Manuel perdeu ó seu pai o que en palabras do empresario "levou a que acelerara a miña inserción laboral nun Uruguay que naquel momento se vivía en pleno proceso da dictadura cívico-militar. Igualmente a formación recibida nas escolas e liceos deste país onde todos eran iguais nas aulas e a ensinanza dos galegos "camioneiro" e "sirivienta" como lles chamaban aos meus pais, fixeron fortalecer en mín o espírito de loita por un mundo mellor, por ese mundo que os meus pais viñeron a procurar a este lado do Atlántico", conclúe.