Ayuntamiento de La Coruña / Concello de A Coruña
Reportajes
A situación empresarial do país de Manuel López é, segundo a súa opinión, mellorable pero a pesar da situación de retraso a través do tempo, alomenos no eido da comunicación, cada vez son máis as empresas que se interesan por proxectar unha boa imaxe cara o exterior polo que é optimista en canto á proxección da súa labor profesional
Pese ó seu pequeno tamaño e a súa situación de embotellamento, Manuel López é optimista en canto ao futuro do seu país; “Uruguai é un país pequeno, inventado polos ingleses como tapón entre Arxentina e Brasil, e tal foi esa caraceterística que aínda hoxe se conserva e a pesar da evolución que lentamente leva o Mercosur, á hora de decidir sempre se pon de manifesto este tapón uruguaio tanto por Arxentina como por Brasil.
Sen embargo, a fortaleza de ser un país pequeno, onde se respeta a lei, e con tasas europeas en materia tanto de calidade de vida como de alfabetización da súa población, fai que moita empresas miren con seguridade a súa inversión local a pesar de apuntar a mercados como o brasileiro do sur ou o arxentino”.
Precisamente ese repunte cara a empresas de fóra fai que se marquen como obxectivo primordial a comunicación interna e externa como factor fundamental de crecemento e sana radicación, en opinión de Manuel. No caso das empresas locais, que na súa maioria son pequenas e medianas, así como asociación variadas que existe, non se pode dicir o mesmo.
No sector das asociacións empresariais, estáse a traballar con maior pulcritude nos últimos anos e un exemplo claro é a Asociación de Empresarios de Uruguai, “que nos últimos anos está contratando asesores de comunicación para mostrarse tano ao exterior como dentro dos seus propios asociados”. Precisamente Manuel López é o director desta asociación e do Centro Galego de Montevideo, ambos en calidade de suplente “xa que a miña actividade non me permite dedicarlle todo o tempo que estes postos merecen”.
En canto ao futuro, Manuel López augura máis demanda de información e polo tanto un mensaxe máis claro que el se encargará de transmitir como asesor de comunicación: “Creo sin duda algunha que a aposta dun goberno uruguaio que está cambiando os cimentos dunha sociedade que estaba empantanada en vellas reivindicacións e corrupcións, provocará a incorporación dun público máis crítico e necesitado de información , o que levará a que tanto empresas como políticos deban clarificar a súa mensaxe para chegar meridianamente a todo o mundo . Ahí pois a aposta a continuar co asesoramento en materia de comunicación e imaxe, aínda que non me gusta proxectar o futuro senón construilo lenta e con seguridade", asegura.