Ayuntamiento de La Coruña / Concello de A Coruña

Reportajes

A traxectoria profesional de Manuel López Faraldo

Desde moi novo Manuel López estivo inmerso no mercado laboral e pasou do mundo da banca ó das relacións públicas. Hoxe conxuga a súa labor como docente coa súa profesión de asesor de comunicación en Uruguai xunto con outros cargos como o de suplente do director na Asociación de Empresarios Galegos e no Centro Galego de Montevideo

 

A chegada do director da Asociación de Empresarios Gallegos ao mundo laboral prodúcese á temperá idade de 16 anos; “ A morte prematura do meu pai, provocou a miña inserción no mercado laboral con 16 anos, onde comecei como cadete nunha institución médica; a Mutua Italo-Uruguaia, onde ao cabo de ano e medio era xa o secretario do auditor. Logo, concursei para traballar nun banco brasileiro, o Banco Real e alí o fago desde 1980 ata hoxe”.

Pero os camiños profesionais de Manuel acabáronno levando polo eido da comunicación e das relacións públicas: “A miña actividade sindical na Asociación de Bancarios de Uruguay, provocou que a miña carreira administrativa no banco se vira sesgadamente entorpecida, polo que comecei a formarme en 1986 como comunicador social na Escola de Comunicación Social da Universidade de Traballo de Uruguay. Alí, aprendín o oficio de xornalismo e das relacións públicas, materias que me apaixoaron desde un primeiro momento, máis aló da publicidade e do marketing”.

A súa traxectoria no sector empresarial da comunicación foi imparable desde este momento, pasando por diferentes empresas deste eido e trasladándose máis tarde ao mundo da educación: “En 1988 comecei a traballar no Diario, o vespertino de maior tiraxe de Uruguai, e estiven alí ata 1995, para logar comezar na radio co único programa especializado na crónica policial e logo ser editor do Semanario Martes, da súa páxina sobre a colectividade española. Xa neste século comecei como corresponsal do grupo España Exterior, o que manteño ata o momento, exclusividade para España, xa que son corresponsal de revistas Brasileira e de Estados Unidos tamén”, comenta Manuel.

No eido académico Manuel López foi docente da Universidade de Traballo de Uruguai, “onde na Escola de Comunicación, impartín os cursos de Relacións Públicas e Publicidade desde 1989 ata 1997” ao tempo que xunto con dous xornalistas compañeiros uruguaios, fundaron unha escola de xornalismo “impartindo cursos en todo o país, particularmente no interior adonde é difícil para os colegas ter unha formación académica”.