O obxecto deste programa é a concesión de axudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para o exercicio 2010.
Nome do programa
Axudas e subvencións a programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior 2010.
Destinatarios
Poderán ser beneficiarios das axudas establecidas para este programa as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como aquelas institucións e asociacións sen fins de lucro radicadas no exterior.
Características
- Programa 1: Axudas a entidades galegas no exterior para a prestación de servizos socioasistenciais en favor das persoas de orixe galega residentes no exterior e os seus descendentes.
- Programa 2: Axudas para promover a realización de proxectos culturais, formativos e actividades asociativas propias das entidades galegas no exterior.
- Programa 3: Axudas para a edición de publicacións e outras accións informativas das entidades galegas no exterior
- Programa 4: Axudas para o financiamento dos gastos de funcionamento das entidades galegas no exterior.
Lugar e prazo de presentación
As solicitudes de axudas e subvencións dirixiranse ao órgano competente:
- Secretaría Xeral da Emigración
- Rúa Básquiños, 2
- 15704 Santiago de Compostela
- A Coruña
A documentación presentada polos beneficiarios, tanto na fase de solicitude como na fase de xustificación, deberá ser asinada polos representantes legais das entidades solicitantes.
O prazo de presentación de solicitudes será de corenta e cinco días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Resolución
Resolución do 11 de Xaneiro de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación a favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2009.
Convocatoria
Diario Oficial de Galicia Nº 9, do Venres 15 de Xaneiro de 2010.
Promovido por
Secretaría Xeral da Emigración.
Ano
2010
Documentación
Formulario de solicitude do programa 1
Formulario de solicitude do programa 2
Formulario de solicitude do programa 3
Formulario de solicitude do programa 4
Declaracións na fase de solicitude
Xustificativo dos gastos realizados
Declaracións na fase de xustificación
GUÍA PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Nota: Os formularios online permiten cubrir os datos do programa directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Pero recorde que se garda o documento perderanse todolos cambios realizados.
Data de publicación
15 de Xaneiro de 2010






