Imaxe de Presentación do Portal do Directorio da cidadanía galega no exterior
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro

Boletíns
Rexistro
Álbum da emigración

¿Qué é o Directorio?

O Directorio da cidadanía galega no exterior é unha ferramenta on line coa que a Secretaría Xeral de Emigración pretende perfeccionar o xeito de relacionarse cos galegos e galegas residentes no exterior. Baixo este obxectivo a plataforma de nova creación permitirá crear un censo de galegos e galegas á marxe do CERA do que os únicos beneficiados sexan os propios cidadáns galegos. Búscase que cos datos achegados polos rexistrados se poida coñecer de primeira man as necesidades e demandas da cidadanía galega no exterior, ademais de obter un perfil colectivo dos galegos e galegas que permita o desenvolvemento de programas e políticas novas e máis efectivas, así como a avaliación dos efectos e do grao de satisfacción dos programas executados polo goberno galego.

Para lograr este obxectivo, é necesario cubrir 3 formularios online.

  • Un formulario para rexistrarse, cos datos persoais (nome, dirección, etc).
  • Un formulario con datos complementarios sobre o usuario.
  • Unha enquisa sobre os programas da secretaría e sobre o retorno que en breve estará dispoñible.

Esta última enquisa é totalmente anónima e non é necesario rexistrarse para cubrila.

¿Cómo podo rexistrarme? Instruccións

Para rexistrarte por primeira vez, sigue estes pasos:

  1. Fai click na opción "Novo rexistro" da páxina de inicio ou no botón "Novo rexistro" que atoparás tamén na home do portal.
  2. A continuación poderás indicar o idioma no que queres visualizar os formularios, que poderá ser galego ou castelán.
  3. Na seguinte fiestra estarás vendo a aplicación na que poderás inserir os datos. Aqueles campos que vexas cun asterisco son obrigatorios, de forma que terán que ser cubertos todos.
  4. Finalmente garda os cambios pulsando o botón "Gardar".

A continuación, deberás activar a túa conta

  1. Unha vez finalizado o rexistro, recibirás un correo electrónico ao enderezo indicado no proceso anterior.
  2. Para activar a túa conta, deberás facer click na url que aparece nese correo.
  3. Con esto terás activada a túa conta e poderás participar dos servizos da zona privada do portal www.galiciaaberta.com (Raíces, foros, taboleiro de anuncios, boletín, postais electrónicas, etc.)

Para acceder á segunda parte do directorio

  1. En sucesivas ocasións, introduce o teu usuario e contrasinal.
  2. A continuación, fai click no banner da zona esquerda "Zona de rexistro", de forma que accederás a un formulario de de similares características que o anterior.
  3. Insire os datos que consideres oportunos e finalmente garda os teus cambios.

Para suscribirte ao boletín

  1. Introduce o teu usuario e contrasinal.
  2. Fai click na opción "Boletíns" da zona esquerda do portal.
  3. A continuación fai click na opción "Suscripción a contidos". Verás a continuación as categorías ás que podes suscribirte.
  4. Selecciona as que máis che interesen e garda os cambios. Recibirás un correo semanal cos contidos que coincidan coas túas preferencias