Imaxe de Presentación do Portal do Directorio da cidadanía galega no exterior
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro

Boletíns
Rexistro
Álbum da emigración

Benvido ao Directorio da cidadanía galega no exterior

O Directorio constitúe unha ferramenta coa que a Secretaría Xeral de Emigración pretende perfeccionar o xeito de relacionarse cos galegos e galegas residentes no exterior. Baixo este obxectivo a plataforma de nova creación permitirá que cos datos achegados polos rexistrados, se poida coñecer de primeira man as necesidades e demandas da cidadanía galega no exterior, ademais de obter un perfil colectivo dos galegos e galegas que permita o desenvolvemento de programas e políticas novas e máis efectivas, así como a avaliación dos efectos e do grao de satisfacción dos programas executados polo goberno galego.

Trátase en fin de outorgar un verdadeiro protagonismo aos destinatarios dos programas e axudas que a Secretaría Xeral de Emigración vai desenvolver nun futuro.

Se é a primeira vez que te rexistras, preme no botón "Novo rexistro".

Acceso a novo rexistro

Pola contra, se xa estás rexistrado e queres modificar algún dos teus datos, entón preme na opción "Modificar datos".

Acceso a modificar datos