- Perfeccionar o xeito de relacionarse cos galegos e galegas residentes no exterior. Baixo este obxectivo a plataforma de nova creación permitirá crear un censo de galegos e galegas á marxe do CERA do que os únicos beneficiados sexan os propios cidadáns galegos.
- Outorgar un verdadeiro protagonismo aos destinatarios dos programas e axudas que a Secretaría Xeral de Emigración vai desenvolver nun futuro.
- Buscar unha comunicación directa, sen intermediarios, coa comunidade galega no exterior, que previo rexistro nunha base de datos, poderá recibir toda a información relativa a axudas ou programas que pon á súa disposición o Goberno galego. O novo Goberno supera así a barreira que supón a distancia física para obter datos dos nosos cidadán no exterior.
- Achegar á administración información sobre as características socioeconómicas, demandas e indicadores relevantes dos residentes galegos no exterior, que permitirá elaborar un perfil do colectivo, uns indicadores sobre as expectativas e opinións acerca da situación social pola que atravesan.
- Obter información puntual sobre toda programación e as actuacións da Secretaría Xeral de Emigración. Deste xeito, poderán persoal e anonimamente realizar as xestións que consideren oportunas, é dicir, dignidade e transparencia.
- Establecer un novo modelo de relación da Galicia territorial coa Galicia exterior e facer da sociedade galega residente alén das nosas fronteiras, unha sociedade mais xusta e igualitaria. As canles mais axeitadas para a consecución deste obxectivo son a democratización e difusión da información e, ao mesmo tempo, o achegamento á realidade socioeconómica e cultural da emigración galega, só deste xeito é posible a universalización de dereitos e oportunidades e a adopción das políticas e actuacións mais axeitadas .
|