Logo Secretaría Xeral de Emigración  
Interior

Programas dirixidos á xuventude

Peregrinación da xuventude

 A programación xeral de actividades dirixidas aos mozos teñen como obxectivo implicar e facer partícipe á xuventude galega da diáspora na realización de proxectos creativos, formativos, de participación e intercambio cultural, aproveitando os avances tecnolóxicos como ferramenta básica na transmisión de información, ofrecéndolles espazos propios de intervención e responsabilizándose nunha labor histórica e colectiva común.
 
Os centros e entidades galegas necesitan novas accións que contribúan ao seu dinamismo e o seu mantemento no futuro, que só terá lugar da man dos máis novos, e, nese senso, poténcianse aquelas actividades abertas e participativas dirixidas principalmente aos descendentes de galegos.

¿Cómo se actúa?

Potenciando:

  • Actividades culturais e deportivas, e de relación con Galicia e cos membros das distintas comunidades galegas do mundo.
  • Concursos e eventos relacionados coa creación de ideas e de contidos culturais para o sector audiovisual.
  • A formación dos máis novos no seo das comunidades galegas, con especial incidencia nos aspectos empresariais e ocupacionais, sen esquecer aquelas materias relacionadas coa cultura e cos signos de identidade de Galicia.
  • Unha rede de información e de documentación xuvenil na diáspora.
  • Intercambios xuvenís de comunidades galegas entre si ou con outras colectividades do mesmo país, que propicien actividades de educación para a paz, valores sociais e de interculturalidade, programas medio-ambientais, de promoción do voluntariado e de actividades creativas en xeral.
  • Cursos, seminarios e conferencias que propicien o fomento e capacitación da xuventude no emprego das novas tecnoloxías, tales como técnicas informáticas, internet, correo electrónico, etc.
  • A participación en foros de encontro, debates e xornadas en torno ás novas tecnoloxías, desenvolvidos especificamente para mozos.
  • Tarefas de información, formación, deseño e implementación de programas e aplicacións informáticas que faciliten á xuventude o desenvolvemento das súas actividades.
Estas actuacións teñen xa o seu reflexo en programas como:
  • Apoio á actividade cultural e deportiva:
    - Fondos bibliográficos.
    - Material deportivo
  • Actividades formativas:
    - Cursos de lingua, literatura, historia e cultura galega.
    - Cursos de formación especializada.
    - Cursos de mestrías e tradicións galegas.
    - Cursos de danza e música galega.
Enlaces de Interes
De interese
Rede de Comunidades Galegas no exterior
Separador

Icono de conformidade co Nivel A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0