Logo Secretaría Xeral de Emigración  
Cabeceira: costa de Valdoviño

Subvencións para o desenvolvemento de accións formativas ligadas á inserción laboral destinadas a persoas retornadas e inmigrantes – 2009

Programa

Nas políticas de inmigración e retorno a inserción laboral é un factor clave de integración social das persoas inmigrantes e retornadas. Neste eido, a formación ligada ao emprego é unha ferramenta especialmente eficaz para acadar dito obxectivo. Nesta consideración, no ano 2009 dáse continuidade á orientación dada no exercicio anterior aos programas de integración laboral, centrada no apoio a proxectos formativos con impacto no mercado de traballo.

Resolución

Resolución do 19 de decembro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen subvencións para o desenvolvemento de accións formativas ligadas á inserción laboral destinadas a persoas retornadas e inmigrantes e se procede á súa convocatoria.

Destinatarios

Organizacións empresariais, profesionais e sindicais, así como as entidades sen ánimo de lucro que teñan como finalidade instituída por norma estatutaria ou regulamentaria o desenvolvemento de actividades de integración laboral que abarque ao colectivo de persoas retornadas e inmigrantes.

Convocatoria

Diario Oficial de Galicia Nº2, del 5 de xaneiro de 2009

Prazo de presentación

Ata o 5 de febreiro de 2009, inclusive

Accións subvencionables

Serán subvencionables a través desta convocatoria as accións formativas que teñan unha clara conexión co emprego dirixidas, exclusiva ou conxuntamente, a persoas retornadas e inmigrantes, e que consistan na realización de cursos de formación para a mellora da cualificación profesional e da empregabilidade que recollan obxectivos cuantitativos de inserción laboral en ocupacións relacionadas coa formación impartida.

O importe máximo da subvención será de vinte mil euros (20.000,00 €) por entidade beneficiaria.

Contacto
  • Secretaría Xeral de Emigración
    Subdirección Xeral de Planificación das Políticas do Retorno e da Inmigración
    c/ Basquiños, nº 2
    15704 Santiago de Compostela. A Coruña

Ano

2009

Información adicional

Consultar resolución

Guía do cidadán

El tipo mime del documento es: application/pdfResolución do 19 de decembro de 2008 [gl]
Resolución do 19 de decembro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen subvencións para o desenvolvemento de accións formativas ligadas á inserción laboral destinadas a persoas retornadas e inmigrantes e se procede á súa convocatoria.
El tipo mime del documento es: application/pdfAnexos [gl]
El tipo mime del documento es: application/pdfModelo da solicitude para cubrir on line [gl]
Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación imprimir o documento coa información cumplimentada
Enlaces de Interes
De interese
Envia Postais de Galicia
Raíces: Reencóntrate cos que perdiches o contacto: familiares, amigos...
<a href="http://www.galiciaaberta.com"><img border="0" src="http://www.galiciaaberta.com/portal/binary/com.epicentric.contentmanagement.servlet.ContentDeliveryServlet/Imaxes/Banners/logoGaliciaAberta2.gif" alt="Acceso a GaliciaAberta.com"></a>
Separador

Icono de conformidade co Nivel A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0