|
Traemos aquí un resumo semanal das novas que, emanadas da administración pública galega, poidan resultar máis interesantes para os galegos do exterior, para que así poidan ter un coñecemento máis cercano dos cambios que se producen na nosa sociedade.
Resumo das novas da semana do 28 xullo ao 3 de agosto:
- O Centro Comarcal de Bergantiños acolle unha exposición itinerante de tornaría
A mostra de pezas artesás, que está a percorrer Galicia durante este ano 2008, pódese visitar na comarca de Bergantiños entre o 4 e o 31 de agosto
Ler máis (3/08/2008)
- O Centro Comarcal “Terra de Lemos” acolle unha exposición sobre cooperación galega
A Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia e mais a Dirección Xeral de Cooperación Exterior organizan a mostra “Achégate!”, que estará aberta ao público ata o 16 de agosto
Ler máis (2/08/2008)
- María José Caride salienta que Camariñas verá melloradas as prestacións dos seus portos e a súa fachada marítima cos investimentos de 6,5 millóns de euros que se están a realizar
Portos de Galicia mellora a integración urbana do porto en Camariñas e amplía e repara o dique de abrigo en Camelle
Ler máis (1/08/2008)
- A Secretaría Xeral de Comunicación achega a exposición itinerante Galiciadixital ás xornadas de cine e vídeo do carballiño, XOCIVIGA
O secretario xeral de Comunicación inaugura esta noite as xornadas acompañado polo director xeral de Comunicación Audiovisual e o alcalde do municipio
Ler máis (1/08/2008)
- A Consellería de Medio Ambiente investirá máis de 80.000 euros na dotación de medios para a conservación de espazos naturais no Barco de Valdeorras
O conselleiro, Manuel Vázquez, e o alcalde da localidade ourensá, Alfredo García, asinaron un convenio de colaboración para a adquisición de maquinaria para o acondicionamento dos parques e xardíns, así como para o mantemento da rede de augas nos núcleos rurais
Ler máis (1/08/2008)
- Touriño destaca o incremento da transparencia, da eficacia e do rigor na xestión derivados da disolución da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal e das fundacións sanitarias
O presidente galego explica que a estrutura administrativa vinculada co desenvolvemento rural corresponderase a partir de agora coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e co Banco de Terras de Galicia
Ler máis (31/07/2008)
- Nsaio no Camiño encara a súa fase final con concertos en directo no mes de agosto
Os tres grupos seleccionados en cada categoría musical actuarán, acompañados de bandas consagradas, para conquistar o premio do concurso organizado por Xuventude e Xacobeo
Ler máis (31/07/2008)
- Portos de Galicia adxudica por 9,4 millóns de euros a construción da nova dársena de Cabo de Cruz, en Boiro
O ente público tamén adxudicou a mellora do abrigo do porto de Malpica por 2,2 millóns e a remodelación do edificio de servizos do porto de Ribadeo por 125.000 euros
Ler máis (31/07/2008)
- A Secretaría Xeral de Comunicación e o Ministerio de Industria investirán 3.200.000 euros para culminar a primeira fase do despregamento da TDT en Galicia
Galicia é a comunidade que acada maior financiamento de todo Estado, un 18,4% do orzamento total destinado polo Ministerio para rematar a primeira fase do apagón
Ler máis (29/07/2008)
- A Consellería de Innovación e Industria estuda declarar Festa de Interese Turístico o Festival de Pardiñas
Fernando Blanco asinou esta mañá un convenio de colaboración para a organización do certame
Ler máis (29/07/2008)
- O Consorcio Audiovisual de Galicia instalará un stand na 56 edición do Festival Internacional de Cine de San Sebastián para promover diferentes accións a prol do audiovisual galego
A entidade pon así á disposición das produtoras galegas un espazo no que manter reunións cos distintos profesionais acreditados
Ler máis (28/07/2008)
|