Bolsa de traballo |
A Fundación Galicia Emigración mantén un servizo na Rede que o ano pasado publicou máis de 5.000 ofertas de emprego. Para integrar laboralmente ós recén chegados á comunidade, a Fundación Galicia Emigración e a Secretaría Xeral de Emigración manteñen, desde finais do 2004, unha Bolsa de Traballo. Esta Bolsa de Emprego articúlase mediante un proceso de intermediación entre todas aquelas empresas que buscan traballadores e as persoas que desexan acceder ó mercado laboral. Dende a Fundación Galicia Emigración lévase a cabo unha tarefa de selección dos candidatos máis idóneos para cubrir os postos de traballo ofrecidos polas empresas. Este servizo ten un custo totalmente gratuíto e para poder acceder a el é necesario contactar ca Fundación Galicia Emigración ou ben facelo directamente a través da páxina web. (Acceso á bolsa de traballo). Dende o seu comezo publicáronse na páxina web máis de 5000 ofertas de emprego, das cales un 20% pertencían á area de vendas, un 13% do sector do comercio e un 10% da construcción. Actualmente case 2000 persoas e entidades están inscritas neste servizo e reciben puntualmente información das actividades que dende a Fundación se levan a cabo en materia de emprego. Datos útiles:Promove e xestiona: Fundación Galicia Emigración |