Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Certificado de Emigrante Retornado

É o certificado que acredita o feito do retorno definitivo a España e que se expedirá nas Áreas ou Dependencias Provinciais de Traballo e Asuntos Sociais das Delegacións ou das Subdelegacións do Goberno da provincia de residencia do interesado.

Este documento é imprescindible para acreditar a condición de emigrante retornado a efectos de solicitar, sempre que se reúnan os demais requisitos establecidos en cada caso:

  • A prestación por desemprego de nivel contributivo.
  • O subsidio por desemprego establecido para emigrantes retornados.
  • A renda activa de inserción.
  • As axudas establecidas polas diferentes Administracións públicas a favor dos retornados.

Contido

O certificado acreditará a condición de emigrante retornado, a data da última saída de España, a data do retorno, o tempo traballado no país estranxeiro, o período de ocupación cotizado, no seu caso, así como que o traballador non ten dereito a prestación por desemprego no referido país.


Tramitación

Para obter o certificado, o emigrante retornado deberá acreditar ante o Área ou Dependencia Provincial de Traballo e Asuntos Sociais da Delegación ou Subdelegación do Goberno da súa provincia de residencia os seguintes extremos:


Identidade

  • Pasaporte ou DNI en vigor.

Ostentar a nacionalidade española con anterioridade ao retorno

  • Deberase acreditar a nacionalidade española mediante o DNI ou Pasaporte en vigor ou por certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula de españois, expedido polo Consulado correspondente.

Data da última saída de España

  • Deberá amosar a data da súa última saída de España, para o que se presentará igualmente pasaporte ou outro documento que o xustifique.

Datos do retorno a España

  • O interesado deberá probar a data do seu retorno e país de procedencia, achegando para isto a Baixa Consular. Se non é posible presentar este documento poderá expedirse o certificado, cando do resto da documentación se desprenda claramente a data na que o traballador regresou a España e o seu propósito de asentarse definitivamente no noso país (selo de entrada estampado no pasaporte, finalización do contrato de traballo no estranxeiro, certificado de empadroamento en España, etc.).

Tempo traballado no estranxeiro

  • O traballo realizado no estranxeiro, xa sexa por conta propia ou allea e a duración do mesmo, debe acreditarse documentalmente de forma fidedigna, mediante documentos orixinais ou fotocopias compulsadas de contratos de traballo, follas salariais ou de cotización á Seguridade Social e/ou certificado de traballo da empresa onde se traballou, no que haberá de figurar o tempo de prestación de servizos. Os documentos que non teñan carácter oficial referidos ao traballo realizado deberán vir adverados respecto do seu contido polo Consulado ou Consellería Laboral española do país de procedencia.
  • É conveniente aportar, si se posúen, documentos que acrediten a data da extinción da relación laboral.
  • Cando se trate de traballadores procedentes da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou de Suíza e pidan certificado de emigrante retornado para os efectos de solicitar a prestación por desemprego, ou as axudas establecidas polas diferentes Administracións públicas a favor dos retornados, só deberán acreditar a data da última saída de España e a data de retorno sempre que veñan provistos do formulario comunitario E-301 para os efectos de emitir dito certificado.
  • Si o interesado non viñese provisto do referido formulario, esixiráselle a documentación establecida con carácter xeral.

Carecer de dereito a prestacións por desemprego no país de emigración

  • O interesado deberá manifestar, mediante declaración xurada ou promesa, que desde a data do seu retorno a España non percibe prestación ou subsidio de desemprego a cargo do país de emigración.

Períodos de cotización á Seguridade Social e prestacións por desemprego no estranxeiro

  • Os emigrantes retornados de países cos que existe Convenio de Seguridade Social en virtude do cal podan totalizarse períodos de seguro, de ocupación ou de cotización para o acceso a prestacións por desemprego, deberán acreditar e cumprimentar no certificado os períodos de cotización á Seguridade Social e as prestacións por desemprego, no seu cao, percibidas no estranxeiro.

Voltar