Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Baixa consular

A comunmente chamada Baixa Consular é realmente a Baixa Voluntaria no Rexistro de Matrícula de Españois no Consulado.

A fin de facilitar ao Consulado os datos precisos que podan servir a unha mellor protección dos españois que residen na demarcación, en todas as Oficinas Consulares existe un rexistro onde constan os seus datos persoais. Este rexistro recibe o nome de Rexistro de Matrícula dos españois no estranxeiro.

Os españois inscritos nese Rexistro de Matrícula que trasladen a súa residencia a España co propósito de fixar nela a súa residencia deberán solicitar a baixa definitiva da Oficina Consular ou da Sección Consular da misión diplomática correspondente. A obtención desta baixa implicará a perda da condición de residente no estranxeiro.

Para solicitar a baixa, o interesado deberá acudir persoalmente á Oficina Consular provisto do seu pasaporte en vigor. Si se atopa residindo en España, pode solicitala enviado un escrito ao Consulado Español no que se atopaba inscrito, solicitando a baixa consular do Rexistro de Matrícula de Españois residentes no estranxeiro por traslado definitivo a España (debe indicar todos os seus datos persoais, a data de regreso a España e o seu domicilio actual). Xunto con este escrito deberá remitir fotocopia de todas as follas do pasaporte español que conteñan selos ou escritos, incluída a última páxina na que constan os seus datos.

Voltar