Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Eugenio Fernández Granell

Eugenio Fernández Granell

Eugenio F. Granell naceu en Coruña no 1912 e morreu en Madrid no 2001. Estudou o bacharelato en Santiago e música con D. Manuel Valverde, pasando logo ao Conservatorio de Madrid.

Exiliouse en 1939 tras a derrota do exército republicano. Viviu en Francia, República Dominicana, Guatemala, Porto Rico, Los Angeles (California) y Nova York.
Foi profesor en diversas universidades americanas. Colabora en revistas de ambos continentes como escritor e ilustrador. Publicou libros de ensaios, novelas, contos e poesía, polos cales obtivo numerosos premios.

No ano 1995 recibe a Medalla de Ouro de Belas Artes que concede o Consello de Ministros. En outubro de 1997, foi homenaxeado en Santiago de Compostela, co título de Fillo Adoptivo e Medalla de Ouro ao Mérito Cultural. En 1998, a Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario desígnao Membro de Honra. En Outubro de 2000, o Círculo de Belas Artes de Madrid concedeulle a súa Medalla de Ouro.

A Xunta de Galicia concédelle a Medalla de Ouro a título póstumo.


El tipo mime del documento es: video/x-ms-wvxCapítulo 1: Su relación con Castelao [gl]
El tipo mime del documento es: video/x-ms-wvxCapítulo 2: As amizades en Madrid [gl]
El tipo mime del documento es: video/x-ms-wvxCapítulo 3 y 4: O remate da guerra, campos de Concentración [gl]
El tipo mime del documento es: video/x-ms-wvxCapítulo 5: O exilio [gl]
El tipo mime del documento es: video/x-ms-wvxCapítulo 6: A acollida na República Dominicana [gl]
El tipo mime del documento es: application/mswordEntrevista a Eugenio Fernández Granell [gl]
Trascripción da entrevista