¿A que persoas se aplica o Convenio?
Aos traballadores e pensionistas que estén ou tiveran estado suxeitos ás lexislación dun ou de ambos os dous países firmantes, así como aos membros das súas familias e dereitohabientes.
Prestacións incluídas no Convenio
Información xeral
O Convenio aplícase:
En relación con España:
Ás seguintes prestacións contributivas do Sistema español de Seguridade Social:.
- Asistencia sanitaria, nos casos de enfermidade común ou profesional, accidente sexa ou non de traballo e maternidade.
- Incapacidade temporal nos casos de enfermidade común e accidente non laboral.
- Maternidade e risco durante o embarazo.
- Incapacidade permanente, xubilación e supervivencia.
- Prestaciós familiares por fillo a cargo.
- Prestacións económicas derivadas de accidente de traballo e enfermidade profesional.
- Subsidio de defunción.
En relación coa República do Perú:
Ás lexislacións relativas a:
- O Réxime contributivo da Seguridade Social en Saúde e de outros réximes de Seguridade Social no que se refiere a prestacións sanitarias e económicas.
- O Sistema Nacional de Pensións, así como aos seus réximes especiais no referente a prestacións económicas de invalidez, xubilación e sobrevivencia.
- O Sistema Privado de Pensións, no referente ás prestacións económicas de xubilación, invalidez, sobrevivencia e gastos de sepelio.
Respecto a estas prestacións hai que ter en conta que:
- Para adquirir as prestaciósn de asistencia sanitaria e económicas de carácter contributivo previstas no Conveio, pódense sumar os periodos de seguro acreditados en España e en Perú, sempre que non se superpoñan.
- As prestacións económicas de carácter contributivo, agás as de incapacidade temporal, poderanse percibir con independencia de que o interesado resida ou se atope en España ou en Perú.
- Cada país abonará as súas propias prestacións directamente ao beneficiario. Non obstante, dos primeiros pagos da pensión que se lle recoñeza, poderase descontar o importe correspondente a abonos de prestacións de igual natureza efectuados en cantidade superior á debida pola Seguridade Social do outro país.
- As persoas que reúnan os requisitos esixidos polas lexislacións de ambos os dous países para ter dereito a pensión contributiva, poderán percibir esta de cada un deles.
Asistencia sanitaria
A asistencia sanitaria recoñecea, de acordo coa súa lexislación nacional, o país no que esté asegurado o traballador ou, para o pensionista, o país que lle abone a pensión.
Normalmente préstaa o país que a recoñece, pero tamén poden recibila cando se trate de traballadores asegurados nun país ou pensionistas, así como os familiares de ambos os dous, que se despracen temporalmente ao país do que son nacionais e que precisen de forma inmediata a asistencia sanitaria.
As prestacións sanitarias sírvense no país onde se atope o beneficiario, e segundo o establecido na lexislación sanitaria e nos Servizos Públicos de Saúde dese país, durante o tempo que autorice a Institución do país onde o traballador esté afiliado ou que abone a pensión.
Incapacidade temporal, maternidade, lactancia e risco durante o embarazo
As prestacións económicas derivadas de ditas continxencias recoñéceas o país no que esté asegurado o beneficiario/a, tendo en conta, se é preciso, os periodos de seguro do outro país, sempre que non se superpoñan.
Incapacidade permanente, Xubilación e Supervivencia
Cada país examinará por separado a solicitude de prestación na forma seguinte:
- Comprobarase se o interesado acada dereito á prestación tendo en conta únicamente os periodos de seguro propios, se sumar os do outro país.
- Asemade, calcularase a prestación sumando aos periodos de seguro propios os acreditados no outro país (pensión teórica). Neste suposto, o importe da prestación non será íntegro, senón segundo a proporción existente entre os periodos de España e Perú (pensión prorrata). Existe unha excepción para os supostos nos que a duración total dos periodos de seguro acreditados nun dos dous países sexa inferior a un ano e que por si mesmos non den dereito a pensión nese país. Asumiranse polo outro país como propios, pero sen aplicar a cláusula "prorrata temporis".
- Compararanse as prestacións calculadas segundo o indicado nos apartados anteriores, e, cada país recoñecerá e abonará a prestación que sexa máis favorable ao interesado.
Para o recoñecemento e cálculo da pensión terase en conta:
- Cando, nos supostos de totalización de periodos, se acrediten periodos de seguro voluntario que se superpoñan con periodos de seguro obrigatorios, tanto a pensión teórica como o importe da prestación económica determinaranse sen ter en conta os periodos de seguro voluntario.
Non obstante, a cuantía que resulte aumentarase na medida en que corresponda aos periodos de seguro voluntario que non foran computados. Este aumento calcularase de acordo co disposto na lexislación do país con arreglo á cal se tiveran cumprido os periodos de seguro voluntario.
- A Institución que calcula a pensión considerará que o traballador se atopa sometido á súa lexislación, se está asegurado no outro país ou recibe unha prestación dese país baseada nos seus propios periodos de seguro. Para o recoñecemento das pensións de supervivencia terase en conta se o falecido se atopaba asegurado ou era pensionista de acordo coa lexislación do outro país.
- Se para o recoñecemento dunha prestación se esixe que algúns periodos de seguro se tiveran cumprido inmediatamente antes do feito causante de dita prestación, este requisitos considérase cumprido se o interesado os acredita no periodo inmediatamente anterior ao recoñecemento da prestación do outro país.
- Se a lexislación dun dos países firmantes contén cláusulas de reducción, de suspensión ou de supresión da pensión para o caso de pensionistas que exrzan unha actividade laboral, estas seranlles aplicables aínda que dita actividade laboral a efectúe no outro país.
- Se para o recoñecemento da pensión española foi preciso sumar periodos de seguro peruanos, o cálculo desta pensión efectuarase segundo as bases de cotización reais acreditadas polo asegurado en España durante os anos que preceden inmediatamente ao pago da última cotización á Seguridade Social española. A cuantía así obtida, incrementarase segundo as revalorizacións establecidas anualmente ata a data do feito causante para as prestacións da mesma natureza.
- Para acceder aos beneficios de determinados réximes especiais (por exemplo, traballadores do Mar, Minería do Carbón) so se terán en conta os periodos do outro país que se teñan cumprido en igual profesión ou emprego.
Sistema Privado de Pensións peruano
Os afiliados a unha Administradora Privada de Fondos de Pensións en Perú, financiarán as súas pensións en dito país co saldo acumulado na súa conta individual de capitalización. Non obstante, se o saldo dunha conta individual é insuficiente para financiar pensións dunha cuantía igual, ao menos, á da pensión mínima garantizada polo Estado, poderase totalizar os periodos de seguro españois para poder acceder a dita pensión mínima.
Accidente de Traballo e Enfermidade Profesional
A prestación determinarase polo país a cuxa lexislación estivera suxeito o traballador na data de producirse o accidente ou de contraerse a enfermidade.
Solicitude de prestacións
As solicitudes de prestacións españolas e peruandas deberán dirixirse á Institución competente do país onde resida o interesado:
En España:
- O Centro de Atención e Información da Seguridade Social máis próximo ao seu domicilio (Instituto Nacional da Seguridade Social) ou
- As Direccións Provinciais do Instituto Social da Marina, cando se trate de traballadores incluidos no Réxime Especial de Traballadores do Mar.
En Perú:
- Superintendencia de Banca e Seguros no caso de pensións dos afiliados a unha Administradora Privada de Fondos de Pensións.
- Oficinas de Normalización Previsional (ONP) no caso de pensións dos sistemas previsionais.
- Seguro Social de Saúde (ESSALUD) no caso de prestacións do réxime contributivo da Seguridade Social en Saúde.
Outros datos de interese
- Os periodos de seguro acreditados en calquera dos dous países, antes da data de entrada en vigor do Convenio, serán tomados en conta para a determinación do dereito ás prestacións que se recoñezan ao amparo do mesmo.
- As pensións que tiveran sido liquidadas por un ou ambos os dous países ou os dereitos a pensións que tiveran sido denegados antes da entrada en vigor do Convenio, poderán ser revisados ao amparo do mesmo a petición dos interesados. O dereito adquirirase desde a data da solicitude, agás disposición máis favorable da lexislación do país que efectúe a revisión. Non se revisarán as prestacións abonadas que consistiran nunha cantidade única.
- A aplicación do Convenio permite o exame do dereito a prestacións por continxencias que tiveran lugar con anterioridade á data da súa entrada en vigor, se ben, o abono das mesmas non se efectuará, en ningún caso, por periodos anteriores a dita data.
- O presente Convenio garantiza os dereitos adquiridos ao amparo do Convenio do 24 de xulllo de 1964 e do Acordo Administrativo do 24 de Novembro de 1978 e o seu Acordo Complementario.
Para máis información consulte o texto completo do convenio:
|