Preguntas e respostas frecuentes (FAQS) |
Son unha emigrante de orixe galega e vivo en Caracas dende hai 20 anos e quero votar nas eleccións ao Parlamento galego, ¿cal é o primeiro paso que debo dar?O primeiro que vostede debe facer, é comprobar que está debidamente inscrita no Censo Electoral de españois residentes no estranxeiro (CERA), que poderá atopar no seu caso, no Consulado Xeral de España en Caracas en calquera momento do ano. Son un elector que reside no estranxeiro, ¿podo votar nas eleccións municipais?Si, sempre que vostede comunique dentro dos 25 días posteriores á data da convocatoria de eleccións, a súa intención de exercer o seu dereito a voto. Para votar nas eleccións xerais, ¿teño que comunicar a miña intención de voto?Non, para votar nas eleccións xerais a Oficina do censo electoral remitiralle de oficio toda a documentación necesaria ao seu domicilio. Son un rapaz de orixe francesa que vive en Verín, ¿teño dereito a elixir ao alcalde do lugar no que resido habitualmente?Si, se vostede é natural de calquera dos países membros da Unión Europea, ten dereito a participar nas eleccións municipais do estado membro de residencia. |