Raíces é unha ferramenta para usuarios rexistrados que nos permite buscar as nosas orixes poñendo en contacto a usuarios interesados en encontrar as mesmas persoas ou que poderían estar relacionadas. - Rexistro no servizo
Unha vez que se rexistrou no portal, para darse de alta no servizo, deberá cubrir un formulario onde indica datos relativos ás persoas que está buscando. Este formulario está estruturado en varias liñas de entrada de datos que posúen tres campos, no primeiro introdúcese información sobre a liña xenealóxica ou apelido, no segundo deberá introducir un lugar ou sitio no que se centra esa información e por último o país no que se atopa ese lugar. Pódense introducir tres criterios á vez como máximo, realizado isto poderemos introducir máis se iso é o que queremos, ademais sempre poderemos modificar, engadir ou borrar os criterios accedendo á edición. En calquera momento poderá darse de baixa no servizo desde a opción "Baixa en raíces".
- Busca
Para localizar outros usuarios que estean buscando as mesmas persoas ou persoas relacionadas acceda desde a páxina principal do servizo á opción "Buscar na base de datos". Terá que encher un formulario parecido ao anterior, no cal deberá cubrir os campos de apelido (ou liña xenealóxica), lugar e país e combinar esa busca coas opcións que se remarcan debaixo. Estas permitiranlle realizar buscas en bloque, nas que coincidirán todos os campos, e parciais, especificando un sufixo ou inicio dos apelidos (por exemplo Per, buscará tanto Pérez, como Pereira). Como resultado da busca amosarase unha listaxe de usuarios do portal interesados en buscas similares podéndose enviar un e-mail ás ditas persoas.
|