Programas de creación e consolidación de empresas
As principias características deste programa, que desenvolve a Secretaría Xeral de Emigración en colaboración coa fundación Galicia Emigración, son as seguintes:
Destinatarios
Emigrantes retornados, familiares o seu cargo e inmigrantes.
Descrición
O obxecto destes cursos é fomentar a cultura emprendedora e facilitar a integración socio-laboral na nosa comunidade autónoma do colectivo ao que se dirixen, así como descubrir e axudar a desenvolver iniciativas empresariais que permitan mellorar e completar o tecido empresarial na comunidade autónoma.
Estes programas constan de tres fases:
- Formación do futuro emprendedor.
- Asesoramento e tutorización técnica do proxecto empresarial desde a creación da empresa ata a súa consolidación, cun apoio continuado durante os anos para fomentar a súa estabilidade.
- Consolidación final da empresa.
Os participantes nestes cursos obteñen ao finalizar unha formación básica empresarial e, o que é máis importante e fai a este programa diferente, elaboran un proxecto de empresa coa colaboración dos formadores expertos e baixo o seu asesoramento. Os participantes que obteñan un informe de viabilidade deste proxecto empresarial, poden optar a unha liña especial de microcréditos do ICO (Instituto de Crédito Oficial), a través de determinadas entidades financieinas colaboradoras destes programas e que teñen como base fundamental a non esixencia de aval ou garantías por parte do emigrante retornado ou inmigrante.
Organiza
Secretaría Xeral de Emigración, en colaboración coa Fundación Galicia Emigración.
Entidade que o imparte
Fundación Galicia Emigración.
Onde se imparte
En diferentes puntos da Comunidade Autónoma Galega.
Prazas
Varían en función de cada curso (arredor de 20 por curso).
Lugar de presentación
Fundación Galicia Emigración.
Rª/ Campo do Forno, nº 1, Santiago de Compostela – A CORUÑA
Custo
Gratuíto
Subscrición
Fundación Galicia Emigración
Teléfono de contacto
981 95 73 53
+ información
Programa de formación e desenvolvemento empresarial para a Galicia Exterior
As principais características deste programa, que desenvolve a Secretaría Xeral de Emigración en colaboración coa Fundación Galicia Emigración, son as seguintes:
Destinatarios
Emigrantes galegos no exterior e os seus descendentes.
Descrición
O programa anticípase ás necesidades de información e formación específica sobre o mercado de traballo español en xeral e galego en particular, de quen ten interese en iniciar actividades comerciais vinculadas con Galicia. Fundamentalmente, facilita as ferramentas necesarias para a posta en marcha dun proxecto viable de autoemprego ou de creación de empresa a aqueles que teñan proxectado retornar a Galicia.
Con este programa, se pretende:
- Facilitar a este colectivos as ferramentas necesarias para o desenvolvemento de proxectos viables para a creación de empresas en Galicia o vinculadas coa Comunidade Autónoma Galega.
- Proporcionar información sobre os trámites e programas de apoio para o establecemento das Pemes e/ou o inicio de actividades en Galicia, facilitando ademais a identificación de oportunidades de negocio no mercado de traballo galego.
- Canalizar o acceso ao financiamento dos proxectos cualificados como viables, mediante liñas de microcrédito.
- Fomentar a xeración de redes de contacto.
Organiza
Secretaría Xeral de Emigración, en colaboración coa Fundación Galicia Emigración.
Entidade que o imparte
Fundación Galicia Emigración.
Onde se imparte
En diferentes paises de Iberoamerica.
Prazas
Varían en función de cada curso.
Lugar de presentación
Fundación Galicia Emigración.
Rª/ Campo do Forno, nº 1, Santiago de Compostela – A CORUÑA
(Tamén vía fax e e-mail a esta fundación)
Custo
Gratuíto
Subscrición
Fundación Galicia Emigración
Teléfono de contacto
0034 981 95 73 53
+ información
Axudas para facilitar a integración laboral dos retornados
Obxecto
Facilitar a integración laboral no noso país dos emigrantes españois retornados, propiciando, a través de axudas económicas, o seu establecemento como traballadores autónomos ou como socios traballadores de cooperativas de traballo asociado ou de sociedades laborais.
Beneficiarios
- Poderán beneficiarse destas axudas os emigrantes españois retornados que traballaran, alomenos, doce meses no exterior desde a última saída de España e se atopen desempregados e inscritos como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego na data de presentación de solicitude de axuda ou nos seis meses anteriores á esta.
No caso das persoas que obtivesen ou recuperasen a nacionalidade española, deberá acreditarse que o citado período de traballo é posterior á data de obtención ou recuperación de dita nacionalidade.
- Para os efectos previstos neste programa, a condición de emigrante retornado se perde, a pesar de ter transcorrido dous anos desde a data do retorno, cando se logrou a incorporación ao mercado de traballo, entendéndose que esta se produciu co desenvolvemento dunha actividade laboral por unha duración de alomenos doce meses continuados ou cando o traballo efectuado tralo retorno orixinase o dereito á percepción de prestación contributiva de desemprego durante alomenos catro meses.
Contía e condicións para a percepción das axudas
A contía será de carácter variable ata un máximo de 4.208 euros por beneficiario, en función da viabilidade do proxecto e inversión a efectuar.
Se a actividade para a que se recoñeceu a axuda non tivera unha duración mínima dun ano, o beneficiario da mesma virá obrigado a devolver o importe percibido.
Documentación a presentar
As solicitudes se formularán conforme ao modelo que figura como Anexo III da Orde TAS/358/2005, de 14 de febreiro, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas e subvencións correspondentes aos programas de actaución a favor dos españois emigrantes e retornados (BOE 22/02/05), e se acompañarán da seguinte documentación:
- a) Copia compulsada do DNI.
- b) Baixa consular expedida polo Consulado do país de emigración.
- c) Certificado de empadroamento expedido polo concello do municipio onde resida o solicitante.
- d) Certificación da condición de emigrante retornado emitida polas Áreas ou Dependencias Provinciais de Traballo e Asuntos Sociais das Delegacións ou Subdelegacións do Goberno, respectivamente, correspondentes ao domicilio do solicitante na que consten os períodos traballados no exterior desde a data da última saída de España. Esta data será a que se consigne no certificado de emigrante retornado ou, no seu defecto, a que se acredite co pasaporte español ou con calquera outro medio de proba admitido en dereito.
- e) Certificado dos servizos públicos de emprego correspondente onde consta que o solicitante se atopa inscrito como demandante de emprego ou o estivo durante os 6 meses inmediatamente anteriores a solicitude.
- f) Cando o interesado formule a súa solicitude na súa condición de socio dunha cooperativa de traballo asociado ou dunha sociedade laboral, se presentará a certificación da inscrición da sociedade no Rexistro Público correspondente, así como unha certificación do representante legal da cooperativa ou sociedade, acreditativa da condición de socio do solicitante da axuda.
- g) Proxecto de inversión indicando os obxectivos e a contía da mesma, así como o plan de viabilidade do proxecto. Si xa se tivera iniciado a actividade cando se solicita a axuda, se achegaran ademais xustificantes do investimento realizado.
- h) De selo caso, documentación acreditativa da compravenda o arrendamento do local ou medio co que vaia desenvolverse a actividade.
- i) Documentación acreditativa de estar de alta e ao corrente de pago no Réxime Xeral, no de autónomos da Seguridade Social ou, no seu caso, na Mutualidade de Previsión Social do Colexio Profesional.
- j) Documentación acreditativa de estar de alta no imposto de actividades económicas ou declaración censal, así como de estar ao corrente das obrigacións tributarias.
- k) Comunicación e designación dunha conta bancaria dada de alta ante a Delegación de Economía e Facenda.
Se a actividade laboral non se tivera iniciado ao formalizarse a solicitude de axuda, non será preceptivo presentar nese momento nin os xustificantes da inversión a que se refire o apartado g) deste artigo nin os documentos sinalados nos apartados h), i) e j) do mesmo, se ben dita documentación se presentará a instancia do órgano instrutor unha vez fose aprobado o gasto e antes do pago de axuda concedida.
Lugar e prazo de presentación das solicitudes
- As solicitudes de axuda poderán presentarse en calquera dos rexistros ou oficinas a que se refiren o artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro e, en todo caso, nas Áreas ou Dependencias Provinciais de Traballo e Asuntos Sociais das Delegacións ou Subdelegacións do Goberno, respectivamente, correspondentes ao domicilio do solicitante ou, no seu caso, nas Direccións Insulares.
- As axudas poderán solicitarse desde o 23 de febreiro de 2005, ata o 31 de outubro de 2005, sempre que non transcorresen máis de dous anos desde a data do retorno.
+ información
Impresos da axuda
Voltar
|