Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Convenio bilateral entre España e Uruguai

¿A qué persoas se aplica o Convenio?

Ás persoas que traballen ou tiveran traballado nun ou en ambos os dous países e aos seus familiares e superviventes.

¿Qué prestacións se inclúen no Convenio?

Información xeral:

O Convenio aplicase ás seguintes prestacións :

En relación con España:

Ás seguintes prestacións do sistema español da Seguridade Social:

  • Prestacións económicas por maternidade.
  • Prestacións por incapacidade permanente, vellez, morte e supervivencia.
  • Prestacións de protección familiar.
  • Prestacións económicas por accidente de traballo e enfermidade profesional.

En relación con Uruguai:

Ás seguintes prestacións da Seguridade Social:

  • O réxime en materia de prestacións por maternidade.
  • Os réximes de xubilacións e pensións baseadas no sistema de reparto ou de capitalización individual.
  • O réxime en materia de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

Respecto a estas prestacións hai que ter en conta que:

  • Para adquirir as prestacións de carácter contributivo previstas no Convenio, pódense sumar os períodos de seguro cumpridos en España e en Uruguai.
  • As prestacións económicas de carácter contributivo, con excepción da incapacidade temporal derivada de accidente de traballo e enfermidade profesional, poderanse percibir con independencia de que se resida ou se atope en España ou en Uruguai.
  • Cada país abonará as súas propias prestacións directamente ao beneficiario.
  • As persoas que reúnan os requisitos esixidos por as lexislacións de ambos os dous países para ter dereito a pensión contributiva, poderán percibir esta de cada un de eles.

Maternidade

Recoñécea o país no que esté asegurada a beneficiaria, tendo en conta, se é preciso, os períodos de seguro do outro país.

Invalidez, Vellez e Supervivencia

1.- Pensións da Seguridade Social española e xubilacións e pensións do sistema de reparto de Uruguai.

Cada país examinará por separado a solicitude de prestación na forma seguinte:

  • Comprobarase se o interesado acada o dereito á prestación tendo en conta unicamente os períodos de seguro propios, sen sumar os do outro país.
  • Asemesmo, calcularase a prestación sumando aos períodos de seguro propios os acreditados no outro país. Neste suposto, o importe da prestación non será íntegro, senón segundo a proporción existente entre os períodos de seguro cumpridos no país que lla outorgue e a suma dos períodos de España e de Uruguai.
  • Compararanse as prestacións calculadas segundo o indicado nos apartados anteriores e cada país recoñecerá e aboará a prestación que sexa máis favorable ao interesado.

2.- Xubilacións e pensións do sistema de capitalización individual Uruguaio:

  • Os traballadores afiliados a unha Administradora de Fondos de Aforro Previsional terán dereito a prestacións con cargo ao importe acumulado nas súas contas de capitalización individual.
  • Ditas prestacións, adicionaranse ás prestacións a cargo do réxime de reparto Uruguaio, se reúne os requisitos esixidos na lexislación Uruguaia.

Accidente de Traballo e Enfermidade Profesional:

A prestación determinarase por o país a cuxa lexislación se atopara suxeito o traballador na data de producirse o accidente ou a contraerse a enfermidade.

Solicitude de prestacións

As solicitudes de prestacións españolas e Uruguaias deberán dirixirse á Institución competente do país onde resida o interesado.

En España:

  • Centro de Atención e Información da Seguridade Social máis próximo ao seu domicilio (Instituto Nacional da Seguridade Social) ou
  • as Direccións Provinciais do Instituto Social da Mariña , cando se trate de traballadores incluídos no Réxime Especial de Traballadores do Mar.

En Uruguai:

  • Banco de Previsión Social

Outros datos de interese

  • As prestacións que foran concedidas por un ou ambos os dous países ou os dereitos a prestacións que foran denegados antes da entrada en vigor do Convenio, serán revisados, a petición dos interesados, sempre que a solicitude de revisión se presente nun prazo de dous anos a partir da entrada en vigor do Convenio.
  • A aplicación do Convenio permite o exame do dereito a prestacións por continxencias que tiveran lugar con anterioridade á data da súa entrada en vigor, aínda que o abono das mesmas non se efectuará en ningún caso por períodos anteriores a dita data.

Para máis información consulta o texto completo do convenio: