Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Formularios e trámites de interese
Se tes algunha dubida sobre este programa, envíanos a túa consulta

Programa de recrutamento e formacion no exterior no campo das tecnoloxías da información e da comunicación (tic´s)

AMPLÍASE O PRAZO DE PREINSCRIPCIÓN ATA O 7 DE XULLO DE 2008

A Fundación Galicia Emigración ten como un dos obxectivos fundamentais, “a promoción dos colectivos vinculados aos movementos migratorios”. Actualmente pon en marcha en Arxentina e Uruguai, un Programa de Recrutamento e Formación no exterior no campo das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC´s). Este Programa está financiado polo Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales de España.

Lugares

Bos Aires (Arxentina) e Montevideo (Uruguai)

Destinatarios

Españois ou descendentes de españois, residentes en Arxentina ou Uruguai, preferentemente menores de 35 anos, con formación ou experiencia profesional no sector TIC

Nº Prazas

60

Características da acción formativa

Fase I.- Recrutamento e Capacitación profesional en orixe: Realizarase unha selección das persoas preinscritas, que recibirán unha formación especializada que capacitarán para desenvolver as profesións de Consultor Analista ou Consultor Programador.

Fase II.- Prácticas laborais no remuneradas en empresas radicadas en España dentro do sector das Tic´s.

Duración e datas de realización:

Fase I: tres semanas en xullo/agosto de 2008.

Fase II: tres semanas en agosto/setembro de 2008.

Prazo de preinscrición:

Do 19 de maio ao 7 de xullo de 2008. A solicitude de preinscrición enviarase por correo electrónico á dirección inscripcion.tic@fundaciongaliciaemigracion.es. Esta solicitude orixinal asinada polo solicitante xunto coa documentación correspondente enviarase por correo postal ao seguinte enderezo:

Av. Leandro N. Alem 693- 2º piso, of. B.
C1001AAB- Buenos Aires – Arxentina.

Custo

Formación gratuíta

A Fundación Galicia Emigración financiará aos participantes: billete de ida/volta desde o país de orixe no estranxeiro e ata España; aloxamento, manutención e seguro médico en España.

Información e inscrición

Fundación Galicia Emigración
Tel: 981 554 463 - Fax: 981 554 612
Mail: inscricion.tic@fundaciongaliciaemigracion.es
www.fundaciongaliciaemigracion.es
Logo INEO Logo Ministerio Traballo e Asuntos Sociais
Logo Fundación Galicia Emigración


El tipo mime del documento es: application/pdfBases Reguladoras [es]
El tipo mime del documento es: application/mswordFicha de preinscrición [gl]