Ven a Galicia, ben en Galicia |
Nome de programaVen a Galicia, ben en Galicia CaracterísticasPrograma Ven a Galicia, ben en Galicia para residentes no exterior, que ten por obxecto convocar as axudas correspondentes ao programa Ven a Galicia, ben en Galicia orientado a ofrecer un tempo de lecer aos emigrantes galegos residentes en Europa e aos naturais de Galicia asentados noutras comunidades autónomas de España, para gozar e coñecer a realidade actual do noso país, con actividades de convivencia e culturais referidas á nosa lingua, historia, así como aos nosos costumes tradicionais. Así mesmo, poderán ser beneficiarios as persoas unidas a eles por matrimonio, unión de feito ou relación análoga. ResoluciónResolución do 8 de maio de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que convocan e regulan as axudas correspondentes ao programa Ven a Galicia, ben en Galicia para residentes no exterior durante o ano 2008. DestinatariosPoderán ser solicitantes deste programa os emigrantes galegos residentes en Europa e os naturais de Galicia que residan noutras comunidades autónomas de España, cumprindo os seguintes requisitos:
Poderán tamén ser beneficiarios as persoas unidas por matrimonio, unión de feito ou relación análoga aos solicitantes do programa ConvocatoriaDiario Oficial de Galicia (16/05/08) PrazoAta o 16 de xuño Promovido porSecretaría Xeral de Emigración Tipo de axudaA Secretaría Xeral de Emigración farase cargo da viaxe dos seleccionados desde os lugares de partida fixados pola Secretaría Xeral de Emigración ata os lugares de destino designados en Galicia. A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar colaborará neste programa poñendo a disposición dos beneficiarios todos os servizos de aloxamento e manutención durante o período de estadía na residencia de tempo libre. Lugar e data de realizaciónResidencia de tempo libre de O Carballiño (Ourense): do 18 de novembro ao 1 de decembro de 2008. ObservaciónsSerá por conta dos participantes o período de estadía, unha vez rematada a estadía no centro residencial, ata completar un período máximo de 3 meses Os traslados do participantes efectuaranse desde os puntos de recollida ata o establecemento residencial. Os participantes residentes noutras comunidades autonomas de España e en Portugal aboaran 50 € en concepto de parte do pagamento dos gastos de traslado. Os residentes noutros países europeos deberán aboar 90 € polo mesmo concepto. O resto dos gastos de traslado por liña regular correran a cargo da Secretaria Xeral de Emigración. Os participantes que se trasladen pola súa conta e asi o recolla na sua solicitude non realizaran ningun pagamento. Contacto
Ano: 2008Información adicionalConsultar resolución |
| Resolución do 8 de maio de 2008 | [gl] | |
| Resolución do 8 de maio de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que convocan e regulan as axudas correspondentes ao programa Ven a Galicia, ben en Galicia para residentes no exterior durante o ano 2008. | ||
| Modelo da solicitude con todos os anexos (Versión para cubrir on line) | [gl] | |
| Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación enviar o documento a imprimir coa información cumplimentada | ||
| Anexos | [gl] | |