Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Voto dos cidadáns da Unión Europea nas eleccións do 27 de maio do 2007

Os cidadáns da Unión Europea, non españois, residentes en España poden votar nas eleccións municipais que se celebrarán o 27 de maio de 2007. É un requisito imprescindible para poder votar, figurar nas listas electorais, e parar isto, é preciso estar inscrito no censo electoral.

Para estar inscritos no Censo electoral requírese:

  • figurar no Padrón Municipal,
  • ser maior de idade o día da votación 
  • ter declarada a vontade de votar nas eleccións municipais.

As persoas que non estean empadroados deben inscribirse, o antes posible, no Padrón do municipio onde resida habitualmente.

Manifestación da vontade de votar en España:

Dende o 15 de maio de 2006 atópase en todos os concellos, a disposición dos cidadáns non españois da Unión Europea, o impreso para manifestar a vontade de exercer o dereito ao voto en España nas eleccións municipais.

Os cidadáns da Unión Europea que, a partir desta data, se inscriben por primeira vez no Padrón municipal, poden firmar o impreso indicado no mesmo momento da súa inscrición padronal.

Os inscritos nos padróns municipais antes do 15 de maio, se o desexan, tamén poden firmar este impreso no seu concello en calquera momento, que será remitido á Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral.

Para os cidadáns da Unión Europea que figuren inscritos nos padróns municipais antes do 1 de xullo de 2006 e non teñan manifestado aínda a vontade de votar nas eleccións municipais, a Oficina do Censo Electoral envía a finais de setembro unha comunicación por carta traducida ao francés, inglés e alemán. A comunicación constará dunha nota informativa e incluirá un modelo de declaración formal para que o interesado poida manifestar a súa vontade de votar nas eleccións municipais.

Unha vez cumprimentada e firmada a citada declaración, deberá enviala por correo á Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral. Este envío non necesita franqueo.

A manifestación de vontade de exercer o dereito de sufraxio en España, ten carácter permanente mentres o cidadán continúe residindo en España, salvo declaración noutro senso.

Recomendacións aos cidadáns da Unión Europea residentes en España:

  1. Inscríbase no Padrón do municipio onde resida habitualmente, se non o fixo con anterioridade.
  2. Se vostede recibe a comunicación da Oficina do Censo Electoral, conteste a maior brevidade.
  3. Se non manifestou con anterioridade a súa intención de votar nas eleccións municipais e a finais de outubro de 2006, non recibiu a citada comunicación, consulte no seu concello ou na Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral da súa provincia (teléfono: 901.101.900)

Voltar