Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Concurso de gaita Constantino Bellón 2008

O "CONSTANTINO BELLÓN" é unha plataforma, creada polo Ateneo Ferrolán, para servir de canle de expresión e presentación de novas pezas de autores e axudar a manter e potenciar a música tradicional de gaita galega.

Un concurso de composición e interpretación de gaita que pretende manter a maneira de tocar a gaita galega con técnicas e xiros propiamente galegos. Pretende recoller a máis pura tradición gaiteril e manter, ao longo dos anos, un lugar de encontro e intercambio para todos os gaiteiros galegos.

 

Modalidade "Gaiteiro de Soutelo" (Dirixida aos galegos do exterior)

Co obxectivo de promocionar a participación da Galicia do exterior no Concurso "Constantino Bellón", a Secretaría Xeral de Emigración convoca o Premio "Gaiteiro de Soutelo".

Obxeto

Os concursantes deberán enviar á Secretaría Xeral de Emigración:

  • Un CD gravado coa peza”Olavide”, de Daniel Bellón, facendo constar na mesma o pseudónimo adoptado.
  • Partitura orixinal dunha peza de composición inédita, creada expresamente para este Premio, así como copia doutra tradicional ou de autor.
Prazo

O prazo de presentación remata o 13 de xuño do 2008.

Dotación dos premios

Os premios “Gaiteiro de Soutelo” consistirán na asistencia e participación, cos gastos de desprazamento e estadía pagados, ó concurso “Constantino Bellón”, que organiza o Ateneo Ferrolán o 31 de agosto do 2008, na cidade de Ferrol (Galicia). Haberá catro premios.

Bases xenéricas do"Constantino Bellón":

Destinatarios:

Poderán tomar parte tódolos gaiteiros que o desexen. As gaitas poderán estar afinadas en calquera tonalidade. A interpretación será sen acompañamento.

Requisitos

Os concursantes deberán enviar ao Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202-204, 1º. Ferrol):

  • Un CD gravado coa peza, ”Olavide”, de Daniel Bellón facendo constar na mesma o pseudónimo adoptado.
  • A partitura orixinal dunha peza inédita composta expresamente para este Concurso e unha copia da partitura da peza tradicional ou de autor.
Dotación do premio

A dotación do premio será de 3.000 € con dous accésit de 1.000 €.

Prazo de inscripción

O prazo de inscripción remata o 13 de xuño do 2008.

Data de celebración da final

A final terá lugar na cidade de Ferrol o día 31 de agosto de 2008.

Concurso de composición para Gaita Galega Solista

Destinatarios

Poderán tomar parte todos os compositores que o desexen.

Obxeto

A composición ten que ser inédita, non ter sido estreada, nin haber sido premiada anteriormente en ningún outro concurso, nin haber sido obxecto de ningún encargo previo. Terá unha duración mínima aprox. de 5 min. e máxima de 12 min.

Prazo de presentación de partituras

O prazo de presentación das partituras finalizará o día 30 de maio de 2008.

Dotación do premio
  • A dotación do premio será de 2.000 €.
  • O premio poderá ser declarado deserto.

Mención de Gaita Galega "Constantino Bellón"

O Ateneo Ferrolán, en liña coa súa defensa e promoción das artes, na súa faceta de música, coincidindo co Concurso de Gaita "Constantino Bellón", crea unha mención honorífica, dirixida a aquelas persoas ou entidades que destacaron polo seu traballo a favor da música galega.

A Mención de Gaita Galega "Constantino Bellón" consta de dúas modalidades:

  • Gaita de Ouro "Constantino Bellón", dirixida á figura do gaitero, artesán, investigador ou persoa a nivel individual.
  • Gaita de Prata "Constantino Bellón", para colectivos ou entidades.

Este Premio outórgase todos os anos, por parte do Ateneo Ferrolán, coincidindo coa celebración do Concurso de Gaita Galega "Constantino Bellón".

A presente mención será de carácter honorífico e non económico, non estando suxeita a ningún tipo de compromiso por ambas partes, a non ser o propio e moral que conleva o recoñecemento público da labor efectuada polos galardoados.

Consulta no seguinte documento adxunto as bases detalladas do concurso.

El tipo mime del documento es: application/pdfBases do concurso "Constantino Bellón" [gl]