Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Concurso para a realización e desenvolvemento dunha campaña publicitaria de difusión e sensibilización sobre a inmigración en Galicia

Resolución do 10 de agosto de 2006, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación dun servizo para a realización da creatividade e desenvolvemento dunha campaña publicitaria de difusión e sensibilización sobre a inmigración en Galicia.

A Secretaría Xeral de Emigración, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar o concurso que a seguir se cita:

D.O.G. nº 168,  publicado o xoves 31 de agosto de 2006.
1. Entidade adxudicadora. 

1.1. Organismo: Secretaría Xeral de Emigración.
1.2. Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Coordinación, Contratación e Xestión Orzamentaria.
1.3. Número de expediente: 7/2006.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: servizo para a realización da creatividade e desenvolvemento dunha campaña publicitaria de difusión e sensibilización sobre a inmigración en Galicia.
2.2. Prazo de execución: desde a formalización do contrato ata o 31 de decembro de 2006.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: cento cincuenta e cinco mil euros (155.000 A), IVE incluído.
5. Garantía.

5.1. Garantía provisional: 3.100 € (o 2% do orzamento establecido como bases de licitación).
5.2. Garantía definitiva: o 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención da documentación e información:

os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán ao dispor dos interesados en:
6.1. Entidade: Secretaría Xeral de Emigración.
6.2. Enderezo: rúa Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela.
6.3. Teléfono: 981 54 72 81. Telefax: 981 54 72 96.
6.4. Así mesmo, poderán obterse os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo de internet: http://www.xunta.es/contratacion.
6.5. Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, todos os días laborables, agás sábados, de 9.00 a 14.00 horas.

Documentos para descargar:

7. Requisitos específicos do contratista.

7.1. Clasificación: o contratista debe ter acadada e vixente a clasificación no grupo T, subgrupo 1, categoría D.

8. Presentación de ofertas.

8.1 Data límite de presentación das ofertas: as proposicións presentaranse entre as 9.00 e as 14.00 horas, en días hábiles, no prazo máximo de 15 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG; de coincidir o último día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de proposicións finalizará o primeiro día hábil seguinte.
8.2. Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.
8.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Secretaría Xeral de Emigración.
b) Enderezo: rúa Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela.
c) Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 72 96) no mesmo
día.

9. Apertura das ofertas.

9.1. Entidade: Secretaría Xeral de Emigración.
9.2. Enderezo: rúa Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela.
9.3. Data: o décimo segundo día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura destas terá lugar no día hábil seguinte.
9.4. Hora: ás 13.00 horas.

10. Gastos do anuncio:

o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2006.
Manuel Luis Rodríguez González
Secretario xeral de Emigración