Escolarización |
| Para ser admitido nun Centro é necesario reunir os requisitos académicos e a idade esixida pola lexislación española vixente, sen que esta admisión poda estar condicionada ao resultado obtido en probas ou exames. Tampouco poderá establecerse discriminación algunha por razóns ideolóxicas, relixiosas, morais, de raza ou de nacemento. Cando nos centros non existan prazas suficientes para atender todas as solicitudes de ingreso, rexerán os seguintes criterios: Prioritarios:
Complementarios:
Os interesados presentarán unha única instancia no centro en que soliciten praza en primeira opción, indicando a continuación un máximo de 6. O prazo de presentación de solicitudes de admisión estará comprendido entre o 15 de abril e o 7 de maio de cada ano. LEMBRE: nas mesmas condicións que os alumnos españois, os alumnos procedentes da emigración teñen dereito a un posto escolar que lle garanta a educación obrigatoria e a que, nunhas determinadas condicións, podan elixir centro docente. Máis información nas Delegacións do Goberno das Comunidades Autónomas, onde se publican as relacións de centro sostidos con fondos públicos e nas Delegacións Provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Trámite de admisiónEnsinanza obrigatoriaA incorporación á ensinanza obrigatoria nos centros sostidos con fondos públicos lévase a cabo segundo o procedemento que se recolle a continuación, xunto cos prazos ordinarios (que convén comprobar cada ano por se hai variacións), se ben é necesario recordar que, no caso do alumnado en idade de escolarización obrigatoria (entre os 6 e os 16 anos) que proceda de fora de Galicia, a escolarización debe realizarse de forma inmediata.
A documentación deberase presentar no centro educativo para o que se solicita a praza. Sen embargo, a competencia máxima na escolarización corresponden á Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que pode determinar un centro diferente. Par ser admitido no centro solicitado se toman en consideración criterios de preferencia que inclúen a minusvalía, a proximidade do domicilio familiar, a renda familiar, a existencia de irmáns matriculados no centro ou pertencer a unha familia numerosa. No caso de non ser admitido por non ter prazas suficientes no centro, este remite a solicitude á Comisión de Escolarización, que hai en todas as delegacións provinciais, a cal resolve tomando en consideración as posibilidades dos centros, así como os criterios anteriormente citados. Ensinanza postobrigatoriaA admisión nestas etapas réxese por procedementos algo diferentes, polo que convén informarse coa suficiente antelación acudindo ao centro educativo. Convén ter en conta os seguintes aspectos:
Así mesmo, no caso da formación profesional hai que informarse sobre os centros nos que se imparte o ciclo que interese, xa que a solicitude se fai nun de eles. Nesta pódese incluír unha relación doutros centros ou ciclos, ordenados por preferencia. É moi importante ter en conta que a solicitude deberá presentarse nun só centro e cunha lista única, xa que de non facelo así se corre o risco de quedar sen prazas. Escolarización e atención ao alumnadoUnha vez admitido, o alumnado procedente do estranxeiro require que se determinen as súas necesidade específicas, xa que a Lei orgánica 10/2002, inclúe entre estas as que se derivan dese feito. En Galicia isto faise a través dunha avaliación inicial que está prevista con carácter xeral na incorporación de calquera alumno ao sistema educativo. Como consecuencia de esta avaliación inicial, se concretan, de ser preciso, as medidas de atención específica, que poden ser algunhas das seguintes:
|