Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior para o 2008

Programa:

Axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior para o 2008

Obxecto:

Concesión de axudas económicas, directas, individuais e de carácter social, dirixidas aos emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega, e a determinados familiares, residentes no estranxeiro, que se atopen en situación de precariedade económica. Están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria.

Resolución:

Resolución do 4 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establece e se regula o programa de axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior para o exercicio de 2008.

Destinatarios:
  • Os emigrantes de orixe galega e nacionalidade española residentes no exterior. A forma de acreditar esta condición de emigrante sinálase no artigo 16º.
  • No caso de falecemento da persoa indicada no punto anterior, poderán ser beneficiarios das axudas previstas no artigo 6º desta convocatoria, o cónxuxe viúvo, a parella de feito ou relación análoga e os fillos, que dependían economicamente do falecido, se non transcorreron dous anos desde o falecemento.
  • O cónxuxe viúvo ou persoa con que mantivese unha unión de feito ou relación análoga, pai, nai ou orfos de emigrantes que cumprindo os requisitos do punto 2.1 da resolución teñan desaparecido ou falecido como consecuencia da represión política realizada polas ditaduras militares en Arxentina, Chile e Uruguai.
  • Os cónxuxes viúvos ou persoa con que mantivese unha relación de afectividade, ascendentes, descendentes ou colaterais ata o segundo grao, de emigrantes que, cumprindo os requisitos do punto 2º.1 da resolución, obtivesen a declaración de reparación e recoñecemento persoal establecida no artigo 4 da Lei 52/2007, do 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas en favor de quen padeceu persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura.

Tipos de axudas a conceder:
  • Axudas por situación de dependencia, ou enfermidade grave do solicitante.
  • Axudas por situación de dependencia ou enfermidade grave no seo da unidade familiar.
  • Axudas por invalidez ou enfermidade permanente.
  • Axudas para a cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves, cando teñan un custo elevado.
  • Axudas para paliar unha situación de paro.
  • Axudas por feitos extraordinarios de carácter puntual.
  • Axudas por atoparse a unidade familiar en situación de precariedade. Este suposto so será de aplicación naqueles países nos que o estado español non teña asinado convenios en materia de seguridade social

Convocatoria:

Diario Oficial de Galicia nº 30, do 12 de febreiro de 2008

Promovido por:

Secretaría Xeral de Emigración

Lugar de presentación:
  • Secretaría Xeral de Emigración ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
  • En Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.
  • Nas entidades colaboradoras que se sinalan a continuación para a presentación telemática das súas solicitudes:

    * En Brasil:
    -Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.
    -Real Sociedad Española de Beneficencia de Salvador-Bahía
    -Sociedad Hispano Brasileña de Socorros Mutuos e Instrucción en Sao Paulo.
    -Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro en Santos.
    * En Cuba:
    -Federación de Sociedades Gallegas en La Habana.
    * En Uruguai:
    -Unión de Sociedades Gallegas de Montevideo.
    * En Venezuela:
    -Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.

Prazo de presentación:

Ata o 15 de abril de 2008, agás as correspondentes ao artigo 11º, que poderán presentarse na época do ano en que se produza a continxencia, quedando condicionada a súa concesión á existencia de crédito.

Contacto:
  • Secretaría Xeral de Emigración
    Servicio de Acción Social
    Teléfonos: 981 545877 - 981 545880
  • Fax: 981 957055
  • Correo electrónico: accion.social.emigracion@xunta.es

Ano:

2008

Información adicional:

El tipo mime del documento es: application/pdfAnexos [gl]
El tipo mime del documento es: application/pdfGuía das axudas económicas individuais [gl]
El tipo mime del documento es: application/pdfModelo da solicitude con todos os anexos (Versión para cubrir on line) [gl]
Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación enviar o documento a imprimir coa información cumplimentada
El tipo mime del documento es: application/pdfResolución do 4 de febreiro de 2008 [gl]
Resolución do 4 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establece e se regula o programa de axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior para o exercicio de 2008