Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Subvencións a concellos,mancomunidades de concellos e consorcios locais, para a realización de programas de integración da poboación inmigrante extracomunitaria en Galicia, durante o ano 2008

A Comunidade Autónoma galega participa nos últimos anos do crecemento que a poboación inmigrante extracomunitaria está a experimentar en España. O incremento desta poboación e a necesidade de abordar esta nova realidade é polo que cómpre levar a cabo o desenvolvemento de políticas de apoio á inmigración que permitan incrementar os esforzos humanos e orzamentarios dedicados aos procesos da súa integración.

Non pode descoñecerse que a integración en materia de inmigración require a participación de todos os axentes implicados, tanto públicos como privados, pero é salientable o papel que desempeñan os entes locais no desenvolvemento de programas de integración, polo que, a través desta resolución, se regula a concesión de axudas, en concorrencia competitiva, a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de integración da poboación inmigrante extracomunitaria e conseguir a súa incorporación e participación en todos os ámbitos da sociedade galega.

Neste contexto, a Secretaría Xeral de Emigración, como o órgano superior da Administración da comunidade autónoma ao que lle corresponden, entre outras, as competencias en política inmigratoria en Galicia, así como a xestión de todos os procedementos que desas materias deriven, publica a resolución que a continuación sigue.

Resolución

Resolución do 5 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais, para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega, durante o ano 2008.

Convocatoria

Diario Oficial de Galicia, do 12 de marzo de 2008

Obxecto

O obxecto da resolución é regular os requisitos e condicións para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega, así como o seu reforzo educativo, no ano 2008, dentro dos seguintes eixes:

  • Eixe de Educación
  • Eixe de emprego
  • Eixe de vivenda
  • Eixe de servizos sociais
  • Eixe de muller
  • Eixe de sensibilización

Destinatarios

Concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais que cumpran os requisitos establecidos na resolución. Estes programas ou accións poderán ser xestionados directamente polos concellos ou poden ser obxecto dunha xestión indirecta a través doutras entidades ou asociacións colaboradoras sen ánimo de lucro.

Importe total do programa

1.060.000 €, repartidos por eixes da seguinte forma:

  • Eixe de Educación: 200.000 €
  • Eixe de emprego: 200.000 €
  • Eixe de vivenda: 125.000 €
  • Eixe de servizos sociais: 200.000 €
  • Eixe de muller: 185.000 €
  • Eixe de sensibilización: 150.000 €

Prazo de presentación

Ata o 14 de abril de 2008

Solicitudes

As solicitudes e documentación correspondente remitiranse a:

  • Secretaría Xeral de Emigración.
    Rúa dos Basquiños,2
    15781 Santiago de Compostela (A Coruña).
Ano

2008

Información adicional

Consultar a resolución.

Guía do cidadán


El tipo mime del documento es: application/pdfAnexos [gl]
El tipo mime del documento es: image/jpegLogotipo do Ministerio de Traballo e Inmigración (En formato .jpg) [gl]
Novo logotipo do Ministerio de Traballo e Inmigración, que substitúe ao anterior logotipo do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais
El tipo mime del documento es: image/gifLogotipo oficial da Secretaría Xeral de Emigración (En formato .gif) [gl]
El tipo mime del documento es: application/pdfModelos de solicitude para cubrir on line [gl]
Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación enviar o documento a imprimir coa información cumplimentada
El tipo mime del documento es: application/pdfResolución do 5 de marzo de 2008 [gl]
Resolución do 5 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais, para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega, durante o ano 2008.