Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Convenio bilateral entre España e Ecuador

¿A que persoas se aplica o Convenio?

Aos españois e ecuatorianos que traballen ou tiveran traballado nun ou en ambos os dous países e aos seus familiares e dereitohabientes.

¿Que prestacións se inclúen no Convenio?

Información xeral

O Convenio aplícase ás seguintes prestacións:

En relación con España:

Ás seguintes prestacións de carácter contributivo do sistema da Seguridade Social:

  • Asistencia sanitaria por materniade, enfermidade ou accidente.
  • Prestacións por incapacidade temporal e maternidade.
  • Prestacións por incapacidade permanente, vellez e morte e supervivencia.
  • Prestacións por accidente de traballo e enfermidade profesional.

En relación con Ecuador:

Ás seguintes prestacións do Réxime xeral da Seguridade Social:

  • Seguro de enfermidade e maternidade.
  • Subsidio de enfermidade
  • Prestacións do Seguro de invalidez.
  • Prestacións do Seguro de Vellez.
  • Prestacións do Seguro de morte.
  • Prestacións do Seguro de riscos de traballo.

Respecto a estas prestacións hai que ter en conta que:

  • Para adquirir as prestacións de carácter contributivo previstas no Convenio pódense sumar os periodos de seguro cumpridos en España e en Ecuador.
  • As prestacións económicas de carácter contributivo poderanse percibir con independencia de que o interesado resida ou se atope en España ou en Ecuador.
  • Cada país abonará as súas propias prestacións directamente ao beneficiario.
  • As persoas que reúnan os requisitos esixidos polas lexislacións de ambos os dous países para ter dereito a pensión contributiva, poderán percibir esta de cada un deles.

Asistencia sanitaria

A asistencia sanitaria recoñécea o país no que esté asegurado o traballador ou que abone a pensión, e de acordo coa súa lexislación nacional. Normalmente préstaa o país que a recoñece pero tamén poden recibila cando se despracen ou residan no outro país nos casos seguintes:

  • Traballadores asegurados que se despracen ao outro país temporalmente e que precisen de forma inmediata a asistencia sanitaria.
  • Traballadores asegurados nun país e enviados a traballar ao outro por un periodo que non exceda de doce meses.
  • Pensionistas por parte dos dous países. Recibirán a asistencia sanitaria no país no que residan e con cargo á Seguridade Social deste último país.

As prestacións sanitarias sírvense no país onde se atope o interesado, e segundo o establecido na lexislación sanitaria nos Servizos Públicos de Saúde dese país, durante o tempo que autorice a Institución do país onde esté afiliado ou que abone a pensión.

Incapacidade temporal e Maternidade

Para o recoñecemento destas prestacións súmanse, se é necesario, os periodos de seguro de ambos os dous países.

Invalidez, Vellez e Supervivencia

Cada país examinará por separado a solicitude de pensión na forma seguinte:

  • A Institución competente de cada país determinará se o interesado acada dereito á pensión tendo en conta únicamente os periodos de seguro propios, sen sumar os do outro país.
  • Asemade, dita Institución determinará o dereito a pensión sumando aos periodos de seguro propios os acreditados no outro país. Neste suposto, o importe da pensión non será íntegro, senón segundo a proporción existente entre os periodos de seguro cumpridos no país que a otorgue e a suma dos periodos de España e Ecuador.
  • Unha vez determinados os dereitos do interesado segundo o indicado nos apartados anteriores, comunicarase a aquel os importes da pensión que lle correspondería segundo os citados apartados, a fin de que opte pola modalidade de liquidación que considere máis beneficiosa.

Accidente de Traballo e Enfermidade Profesional

A prestación determinarase polo país a cuxa lexislación estivera suxeito o traballador na data de producirse o accidente ou de contraerse a enfermidade.

Solicitude de prestacións

As solicitudes de prestacións españolas e ecuatorianas deberán dirixirse á Institución competente do país onde resida o interesado.

En España:

  • O Centro de Atención e Información da Seguridade Social máis próximo ao seu domicilio (Instituto Nacional da Seguridade Social) ou
  • as Dirección Provinciais do Instituto Social da Marina, cando se trate de traballadores incluidos no Réxime Especial de Traballadores do Mar.

En Ecuador:

  • O Instituto Ecuatoriano de Seguridade Social

Para máis información consulta o texto completo do Convenio:

El tipo mime del documento es: application/pdfConvenio bilateral entre España e Ecuador [es]
Convenio de 8 de maio de 1974, adicional ao convenio de Seguridade Social hispano-ecuatoriano (en vigor desde o 1 de xullo de 1975)