Axudas para a realización de actividades culturais con destino aos lugares en que están radicadas as entidades galegas no exterior. |
ProgramaAs comunidades galegas espalladas por todos os continentes representan un valor fundamental e un mecanismo irrenunciable a través do cal Galicia se fai visible nun mundo cada vez máis globalizado, contribuíndo a unha dobre función: a transcendencia internacional das manifestacións culturais galegas e o fortalecemento das nosas comunidades da diáspora. A Secretaría Xeral de Emigración pretende fomentar a realización no exterior de todo tipo de actividades culturais que destaquen polo seu carácter innovador e que potencien a difusión dunha renovada imaxe de Galicia. ObxetoO financiamento dos custos xerados pola realización de:
ResoluciónResolución do 2 de abril de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen e regulan as axudas para a realización de actividades culturais con destino aos lugares en que estean radicadas as entidades galegas no exterior. DestinatariosPersoas físicas ou xurídicas así como calquera outra agrupación de persoas, comunidade de bens, unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, actividades ou comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención. ConvocatoriaDiario Oficial de Galicia, do 9 de abril de 2008 Promovido porSecretaría Xeral de Emigración Prazo de presentaciónAta o 24 de maio de 2008. ContactoAs solicitudes e documentación correspondente remitiranse á:
Ano2008 Orzamento previsto120.000€ Información adicional
|
| Anexos | [gl] | |
| Modelo da solicitude con todos os anexos (Versión para cubrir on line) | [gl] | |
| Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación enviar o documento a imprimir coa información cumplimentada | ||
| Resolución do 2 de abril de 2008 | [gl] | |
| Resolución do 2 de abril de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen e regulan as axudas para a realización de actividades culturais con destino aos lugares en que estean radicadas as entidades galegas no exterior. | ||