Traballadores e pensionistas |
Convenio especial para a cobertura da asistencia sanitaria a emigrantes traballadores e pensionistas dun sistema de previsión social estranxeiro que retornen a territorio nacional e a familiares destes. Esta modalidade de convenio especial ten como obxecto o outorgamento das prestacións de asistencia sanitaria, dentro do territorio español, polas continxencias comúns de accidente non laboral, enfermidade común, maternidade e risco durante o embarazo. Faranse extensibles a tratamentos que fosen precisos como consecuencia de accidente de traballo ou enfermidade profesional acaecidos no estranxeiro ao emigrante retornado ou desprazado titular do convenio. Persoas que poden subscribir este convenio:
SolicitudeEfectuarase ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social onde teña o seu domicilio, ou en calquera das súas Administracións. Esta modalidade de convenio especial poderá ser formulada polo interesado en calquera momento posterior á data de retorno ou desprazamento temporal ao territorio español ou ao traslado da súa residencia a España. As solicitudes dos familiares que poidan subscribir este convenio poderán formularse desde o día seguinte ao da data de falecemento do causante, se aquel se produce en territorio español, ou desde a data de retorno a España dos seus familiares, se a defunción do emigrante ten lugar a partir do día de presentación da solicitude correspondente. O subscritor deberá aboar a cota establecida para o efecto. |