Autorización administrativa para conducir |
Validez dos permisos estranxeiros para conducir en EspañaA validez en España dos permisos de conducir expedidos no estranxeiro está condicionada a que estean no período de vixencia, a que o seu titular teña a idade requirida en España para a obtención do permiso español equivalente e a que non transcorrese o prazo dun ano (no caso de permisos expedidos en países que non sexan membros da UE) a partir da entrada do titular en España, á marxe do momento no que se conceda a autorización de residencia Troco dos permisos estranxeiros:a) Estados Membros da Unión EuropeaOs permisos de condución expedidos polos estados membros da Unión Europea son válidos para a condución en España coa única salvidade de que a idade requirida para a condución se corresponda nos dous países. Os titulares destes permisos, que establezan a súa residencia en España, poderán solicitar o troco polo permiso español equivalente en calquera momento, sempre que o seu se atope en vigor ou que non transcorresen máis de catro anos desde a súa caducidade. b) Países non comunitariosSó é posible o troco do permiso de conducir se está autorizado polo correspondente Convenio entre España e o país de expedición do mesmo. Actualmente existe convenio con: Andorra, Arxelia, Arxentina, Bulgaria, Colombia, Corea do Sur, Ecuador, Xapón, Marrocos, Perú, Suíza, Venezuela, Uruguai, Chile e Rumanía. Para os trocos de permisos profesionais de Arxelia, Arxentina, Bulgaria, Colombia, Ecuador, Marrocos, Perú, Venezuela, Uruguai, Chile e Rumanía esixirase a realización de probas adicionais que dependerán do país de orixe. O troco deberá solicitarse dentro do prazo máximo dun ano a partir da entrada do titular en España, á marxe do momento en que se conceda a autorización da residencia. Renovación do permiso de conduciónO permiso español só pode renovarse ou ser prorrogado si non transcorreron máis de 4 anos desde a data da súa caducidade. Os españois retornados que no seu momento obtiveron o permiso de conducir en España, superando as probas correspondentes e que por ter marchado ao estranxeiro o permiso español lles caducase ou o tivesen entregado ao trocalo por outro, sempre que amosen que teñen outro permiso estranxeiro en vigor, poderán solicitar unha renovación do permiso español para a obtención do cal superaron no seu momento as citadas probas. Información adicional: convenios con outros países
|