Nado na Barcala (A Baña), cursou estudos na Universidade Pontificia Compostelá, Maxisterio en Santiago, Comercio en Lugo e Xerente de Cooperativas en Zaragoza. Afiliado ás "Mocedades Galeguistas", tomou parte na propaganda do Estatuto de Autonomía de 1936. Agrarista e cooperativista, colabora coas sociedades agrarias barcalesas. En 1946 déronlle unha bolsa para a Misión Biolóxica de Galicia para prepararse para dirixir a Escola Agrícola da Granxa Barreiros de Ortoá (Sarria). Dalí xordiron os Cursos Agropecuarios para mestres rurais que se celebraron en Lugo desde 1948 ata 1971. Regresou a Galicia en 1970, ao grupo escolar de Pontecesures, onde exerceu ata a súa xubilación en xaneiro de 1983. Actualmente é presidente da Fundación Castelao, vicepresidente da Fundación Fernández Florez e vocal das Fundacións Pedrón de Ouro e Alexandre Bóveda.
|