Persoas maiores |
|
A política de actuación para os maiores orientase á consecución dun maior nivel de benestar social deste colectivo, incrementando o grao de protección social en todos os aspectos que afectan a súa calidade de vida e potenciando un cambio de actitude da sociedade que favoreza a solidariedade entre xeracións. Para dar resposta ás necesidades das persoas maiores, ponse en marcha unha serie de programas, servizos e equipamentos destinados a este colectivo: En relación cos equipamentos destinados á terceira idade, e especificamente relacionado cos emigrantes retornados, existen unha serie de residencias ás que este colectivo ten acceso: ResidenciasSon Centros de convivencia, cuxa misión é proporcionar atención permanente e integral aos maiores, mediante servizos de aloxamento, manutención, atención médica e socio-cultural. Clases de Centros segundo a súa titularidade:
Residencias das Comunidades AutónomasRequisitos
SolicitudeFormularase no modelo oficial que para o efecto teñan na correspondente Comunidade Autónoma, firmado polo interesado, onde haberán de figurar os seus datos de filiación. Deberá acompañarse dos oportunos informe médico e social, así como do documento acreditativo da súa nacionalidade española e xustificante de ingresos. Presentarase nas consellerías competentes en materia de Acción social, nas deputacións ou nos concellos. Os emigrantes poderán tramitar a súa solicitude a través das Representacións españolas no estranxeiro. AdmisiónA praza concédese de acordo co baremo establecido para o efecto, no que se valorará preferentemente a carencia de medios económicos. A Dirección Xeral de Ordenación das Migracións ten acordos firmados coa Xunta de Galicia (25 de xaneiro de 1984), co Gobierno de Canarias (16 de abril de 1985), co Principado de Asturias (25 de xullo de 1985) e coa Junta de Andalucía (13 de decembro de 1989) para a atención de anciáns emigrantes que desexen retornar a súa Comunidade Autónoma de orixe e carezan de medios económicos. Os españois que residiran no estranxeiro que retornen a España e non podan acreditar o período de residencia esixido para ter dereito á pensión non contributiva da Seguridade Social, poderán acceder ás prazas residenciais dos Centros para persoas maiores financiados con créditos asignados nos Orzamentos Xerais do Estado e naqueles concertados nos que a Administración do Estado contribúe a súa financiación. Residencia “El Retorno”Situado no termo municipal de Alalpardo (Madrid), acolle a aqueles emigrantes españois retornados, que non pertencendo á poboación activa e acadando a idade de 60 anos, calquera que sexa o país de procedencia ou a Comunidade Autónoma de orixe, non podan satisfacer as súas necesidades de vivenda por outros medios. O tempo de permanencia na residencia, será o mínimo necesario que medie entre a chegada a España do residente admitido e o seu acomodo na Comunidade Autónoma de orixe, mediante a obtención dunha praza nunha residencia da mesma. BeneficiariosPoderán ser beneficiarios da residencia as persoas que reúnan e acrediten os seguintes requisitos:
Usuarios
O cónxuxe ou persoa unida maritalmente ao beneficiario que ingresou con el, adquirirá a condición de residente aínda que non acadase a idade de 60 anos, sempre e cando poda valerse por si mesma. SolicitudesAs solicitudes poderán presentarse ademais de na propia residencia, na Dirección Xeral de Ordenación das Migracións, nas Consellerías Laborais e Seccións Laborais dos Consulados e nas Áreas e Dependencias provinciais de Traballo e Asuntos Sociais das Delegacións e Subdelegacións de Goberno correspondentes ao domicilio do solicitante. A presentación de solicitudes poderán realizarse por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Participación económicaCon carácter xeral, os residentes aboarán en concepto de participación no custo das estancias, unha cantidade equivalente ao 75% dos seus ingresos totais líquidos. No suposto de matrimonio ou persoas unidas maritalmente, realizarase unha liquidación conxunta, salvo no caso de que ambos perciban pensión, en cuxo cada un deles deberá aboar o 75% das mesmas. Residencia Asistida “La Bañeza” en León, concertada co IMSERSORequisitos
Tipo de centroAsistido: anciáns dependentes desde o punto de visita física e/ou psíquico. SolicitudeFormúlase no impreso oficial, firmado polo propio interesado, e se acompañara do oportuno informe médico e social, así como, no seu caso, do xustificante da pensión que perciben. Os residentes no estranxeiro poden solicitar a praza a través das representacións españolas (Consulados e Consellerías Laborais e de Asuntos Sociais), que se encargarán de remitir o expediente á Dirección Xeral de Ordenación das Migracións, para o seu traslado aos Servizos Centrais do IMSERSO. AdmisiónA adxudicación de prazas lévase a cabo segundo baremo establecido para o efecto. O beneficiario contribuirá ao custo da súa praza co 75% dos seus ingresos. Residencia do IMSERSO en MelillaRequisitos
Poderá ingresar tamén o cónxuxe do pensionista ou a persoa que conviva maritalmente con el. SolicitudeFormúlase no impreso oficial, firmado polo propio interesado, e se acompañará do oportuno informe médico e social, así como do xustificante da pensión que percibe. A solicitude se presentará ante a Dirección Provincial do IMSERSO de Melilla. Os emigrantes poden solicitar a praza a través das Representacións españolas no Estranxeiro (Consulados e Consellerías Laborais e de Asuntos Sociais), que se encargarán de remitir o expediente á Dirección Xeral de Ordenación das Migracións para o seu traslado aos servizos centrais do IMSERSO. AdmisiónA adxudicación de prazas lévase a cabo segundo un baremo establecido para o efecto. O beneficiario contribuirá ao custo da súa praza co 75% dos seus ingresos.
|