Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Seminario de Xeración e Maduración de Ideas

Xerar, madurar e avaliar unha idea de negocio

Obxectivo

O seminario de xeración e maduración de ideas é unha ferramenta de formación mixta, que ten como obxectivo que o asistente poda xerar, madurar e avaliar unha idea de negocio. Pretende:

  • Xerar ideas.
  • Madurar ideas para convertelas en ideas empresariais.
  • Realizar unha primeira aproximación a viabilidade económica do proxecto e de seu potencial como proxecto de empresa.

Programa, Contido e metodoloxía

Analizando o traballo que realiza o emprendedor, detectamos que un dos elementos fundamentais na posta en marcha de iniciativas empresariais é dispoñer de boas ideas. Ademáis, o aproveitamento das ferramentas para a elaboración de Plans de empresa é maior si a idea dispón dun mínimo de maduración.

Estes seminarios constitúen unha ferramenta de formación mixta, que combina tres grandes grupos de actividades, que se corresponden con cada unha das tres sesións nas que se divide o seminario:

  • Xeración de Ideas

    Consiste en que a partir da análise de 34 fontes de ideas, agrupadas en 6 niveis, os asistentes autoxeneren un conxunto de ideas de empresa que se agruparán no seu Banco de ideas para a súa validación posterior.

  • Maduración de Ideas

    A partir das ideas xeradas ou previas, realizaranse un conxunto de actividades co obxecto de transformar algunha delas en ideas empresariais.

  • Traballo para a avaliación da idea

    Unha vez traballado na maduración das ideas, os asistentes recibirán unha plantilla co obxecto de obter a información necesaria para unha valoración cualitativa da idea. Estes datos entregaranse aos asistentes para que poidan realizar a avaliación da idea do negocio.

Para acadar certificado de asistencia o alumno debe realizar as seguintes tarefas:

  • Asistir as tres sesións presenciais e participar activamente.
  • Realizar as tarefas que se propoñan e comunicar as decisións adoptadas.
  • Acadar e aportar a información necesaria para realizar a avaliación da idea.

A persoa que participe poderá obter, así, unha metodoloxía para xerar, madurar e avaliar ideas de negocio.

Organización

O seminario está organizado pola Fundación Galicia Emigración, en colaboración co IGAPE e co BIC GALICIA.

Prazas

Entre 20 e 25 asistentes

Data

20, 27 de xuño e 4 de xullo en horario de 16:30 a 21:30 horas.

Lugar

Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche. Rúa Frei Rosendo Salvado, 14/16, en Santiago de Compostela.

Custo asistentes

Gratuito.

Perfil dos asistentes

Ter a motivación e predisposición necesaria como para xerar ideas empresariais, e iniciar o proceso da súa maduración como primeiro paso para a súa avaliación.

Non é, de tódolos xeitos, necesario dispoñer dunha idea previa. En caso de xa dispoñer de ela, durante a primeira fase do seminario, traballarase como si non se dispuxera dela, utilizándoa a partir da segunda sesión.

Inscripcións

Fundación Galicia Emigración
Rúa do Vilar, nº 15- Baixo-15705 Santiago de Compostela.
Tel.: 981 554 463-Fax: 981 554 612
autoemprego@fundaciongaliciaemigracion.es
www.fundaciongaliciaemigracion.es

  Contido Data Horario
Sesión 1 Xeración de Ideas 20/06/07 16:30 a 21:30
Sesión 2 Maduración de Ideas 27/06/07 16:30 a 21:30
Sesión 3 Avaliación cualitativa da idea 04/07/07 16:30 a 21:30



El tipo mime del documento es: application/mswordFormulario de inscrición ao Seminario [gl]
Seminario de Xeración e Maduración de Ideas (20, 27 de xuño e 4 de xullo de 2007) Santiago de Compostela