Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Convenio bilateral entre España e Chile

¿A que persoas se aplica o Convenio?

Aos españois e chilenos que traballen ou traballaran nun ou en ambos os dous países e aos seus familiares beneficiarios.

¿Que prestacións se inclúen no Convenio?

Información xeral

O Convenio aplícase ás seguintes prestacións:

En relación con España:

Ás seguintes prestacións do sistema da Seguridade Social

  • Asistencia sanitaria por maternidade ou enfermidade ou accidente.
  • Prestacións económicas por incapacidade temporal e maternidade.
  • Prestacións por incapacidade permanente, vellez e morte e supervivencia.
  • Prestacións por protección familiar.
  • Prestacións por desemprego.
  • Prestacións económicas por accidente de traballo e enfermidade profesional.

En relación con Chile:

Á lexislación da Seguridade Social no referente a:

  • Asistencia sanitaria en casos de maternidade, enfermidade común e accidente non laboral comprendidas no sistema público de saúde.
  • Prestacións económicas por incapacidade laboral transitoria derivada de maternidade, enfermidade común ou accidente non laboral comprendidas no sistema público de saúde.
  • Prestacións de invalidez, vellez e supervivencia do Novo Sistema de Pensións baseado no réxime de capitalización individual e nos réximes administrados polo Instituto de Normalización Previsional.
  • Prestacións famliares.
  • Prestacións por desemprego.
  • Asistencia sanitaria e prestacións económicas derivadas de accidente de traballo e enfermidade profesional.

Respecto a estas prestacións hai que ter en conta que:

  • Para adquirir as prestacións de carácter contributivo previstas no Convenio pódense sumar os periodos de seguro cumpridos en España e en Chile.
  • As prestacións económicas de carácter contributivo poderanse percibir con independencia de que se resida ou se atope en España ou en Chile.
  • Cada país abonará as súas propias prestacións directamente ao beneficiario.
  • As persoas que reúnan os requisitos esixidos pola lexislación de ambos os dous países para ter dereito a pensión contributiva, poderán percibir esta de cada un deles.

Asistencia sanitaria

A asistencia sanitaria recoñécea o país no que esté asegurado o traballador ou que abone a pensión, e de acordo á súa lexislación nacional.

Normalmente préstaa o país que a recoñece pero tamén poden recibila cando se despracen ou residan no outro país nos casos seguintes:

  • Traballadores asegurados nun país así como os seus familiares, que se despracen ao outro país temporalmente (por ex.: vacacións) e que precisen de forma inmediata a asistencia sanitaria.
  • Traballadores asegurados nun país e enviados a traballar ao outro por un periodo non superior a tres anos.
  • Pensionistas dun país e os seus familiares que se atopen ou residan non outro país. Durante a estancia temporal teñen dereito a prestacións por necesidade inmediata. As prestacións sanitarias sírvense no país onde se atope o beneficiario, e segundo o establecido na lexislación sanitaria e nos Servizos Públicos de Saúde dese país, durante o tempo que autorice a Institución do país onde o traballador esté afiliado ou que abone a pensión.

Incapacidade temporal por enfermidade común ou accidente non laboral e Maternidade

Para o receñecemento destas prestacións súmanse, se é necesario, os periodos de seguro de ambos os dous países.

Invalidez, vellez e Supervivencia

1.- Seguridade Social española e Réximes administrados polo Instituto de Normalización Previsional chileno.

Cada país examinará por separado a solicitude de pensión na forma seguinte:

  • Se o interesado acada dereito á pensión sen necesidade de sumar os periodos de seguro do outro país, concederáselle a pensión que lle corresponda tendo en conta, únicamente, os seus propios periodos de seguro.
  • Se o interesado non acada dereito á pensión segundo o apartado anterior, sumaranse os periodos de seguro acreditados no outros país. O importe da pensión non será íntegro, senón en proporción aos periodos de seguro cumpridos no país que a otorgue e a suma total dos periodos de Chile e España.

2.- Sistema Chileno de Capitalización Individual
Os afiliados a unha Administradora de Fondos de Pensións financiarán as súas pensións en Chile con saldo acumulado na súa conta de capitalización individual.

Non obstante, se o saldo da súa conta individual é insuficiente para financiar pensións dunha cuantía igual, ao menos, á da pensión mínima garantizada polo Estado, poderanse totalizar os periodos de seguro españois para poder acceder a dita pensión mínima.
Os afiliados ao Novo Sistema de Pensións poderán continuar pagando voluntariamente as súas cotizacións previsionais, como traballadores independientes, durante o tempo que residan en España e realicen unha actividade laboral pola que deban de cotizar á Seguridade Social española. Ditas cotizacións previsionais, serán tidas en conta pola Institución chilena aínda que coincidan con periodos obrigatorios españois.

Accidente de Traballo e Enfermidade Profesional

A prestación determinarase polo país a cuxa lexislación estivera suxeito o traballador na data de producirse o accidente ou de contraerse a enfermidade.

Solicitude de prestacións

As solicitudes de prestacións españolas e chilenas deberán dirixirse á Institución competente do país onde resida o interesado:

En España:

  • Centro de Atención e Información da Seguridade Social máis próximo ao seu domicilio (Instituto Nacional da Seguridade Social) ou
  • as Direccións Provinciais do Instituto Social da Marina, cando se trate de traballadores incluidos no Réxime Especial de Traballadores do Mar.

En Chile:

  • as Administradoras de Fondos de Pensións no caso de afiliados ao Novo Sistema de Pensións.
  • Instituto de Normalización Previsional, para os afiliados aos antigos réximes previsionais.
Atención
Se o interesado ou os seus causahabientes residen nun terceiro Estado deberán dirixir a súa solicitude á Institución do país (España ou Chile) baixo cuxa lexislación aquel estivo asegurado por última vez.

Outros datos de interese

A aplicación do Convenio permite o exame do dereito a prestacións por continxencias que tiveran lugar con anterioridade á data da súa entrada en vigor, se ben o abono das mesmas non se efectuará en ningún caso por periodos anteriores a dita data.


Para máis información consulta o texto completo do Convenio:


El tipo mime del documento es: application/pdfConvenio bilateral entre España e Chile [es]
CONVENIO de Seguridade Social entre o Reino de España e a República de Chile e o Acordo Administrativo para a súa aplicación, feitos ámbolos dous en Madrid o 28 de xaneiro de 1997.