Subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para programas destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante para o 2008 |
A incorporación e participación da poboación retornada e inmigrante nos distintos ámbitos da sociedade galega fan necesario o desenvolvemento de actuacións e proxectos que contribúan á súa integración plena e que permitan acadar unha convivencia plural e diversa na sociedade galega. Os procesos de acollida adquiren unha importancia relevante no eido da Administración local por ser a de máis preto ao cidadán, nela detéctanse as principais necesidades e demandas da poboación retornada e inmigrante e, como consecuencia, desenvólvense os primeiros procesos de acollida, información, orientación, atención e integración destes colectivos. As entidades locais, polo tanto, configúranse como as entidades a que se dirixe inicialmente a poboación retornada e inmigrante buscando resposta ás súas demandas e que utilizan como vía de acceso aos recursos normalizados existentes na sociedade galega. Todo isto fai preciso que sexa neste ámbito onde se reforcen os servizos en materia de retorno e inmigración. A contía concreta e certa da subvención determinarase en cada caso tendo en conta o custo do proxecto presentado obxecto de subvención e da aplicación dos criterios de valoración establecidos nesta resolución, poden acadar o 100% do investimento aqueles proxectos que obtivesen o máximo número de puntos previstos no artigo 6º, de acordo co número de entidades beneficiarias e as dispoñibilidades orzamentarias. ResoluciónResolución do 12 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante na Comunidade Autónoma galega, durante o ano 2008. ConvocatoriaDiario Oficial de Galicia, de 4 de abril de 2008 ObxectoObxecto de subvención e da aplicación dos criterios de valoración establecidos nesta resolución, poden acadar o 100% do investimento aqueles proxectos que obtivesen o máximo número de puntos previstos no artigo 6º, de acordo. DestinatariosConcellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais que cumpran os requisitos establecidos na resolución. Estes programas ou accións poderán ser xestionados directamente polos concellos ou poden ser obxecto dunha xestión indirecta a través doutras entidades ou asociacións colaboradoras sen ánimo de lucro Importe total da subvención450.000 € Prazo de presentación5 de maio de 2008 SolicitudesAs solicitudes e documentación correspondente remitiranse a:
Ano2008 Información adicionalConsultar a resolución. |
| Anexos | [gl] | |
| Logotipo do Ministerio de Traballo e Inmigración (En formato .jpg) | [gl] | |
| Novo logotipo do Ministerio de Traballo e Inmigración, que substitúe ao anterior logotipo do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais | ||
| Logotipo oficial da Secretaría Xeral de Emigración (En formato .gif) | [gl] | |
| Modelo da resolución para cubrir on line (Pdf - 944 kb) | [gl] | |
| Podes cubrir directamente a información e enviar a imprimir a solicitude cuberta | ||
| Resolución do 12 de marzo de 2008 | [gl] | |
| Resolución do 12 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante na Comunidade Autónoma galega, durante o ano 2008. | ||