Tecnoloxía de transmisión que permite ós fíos telefónicos de cobre convencionais transportaren ata 16 Mbps mediante técnicas de compresión que permiten que a transmisión desde o servidor ó cliente sexa máis rápida cá transmisión desde o cliente ó servidor.
ADSL é a forma de acceso a Internet de alta velocidade máis empregada en España. Máis de tres millóns de líneas, máis de sete operadoras, decenas de ofertas, paquetes que incluen chamadas, televisión... Esta tecnoloxía leva uns seis anos implantada en España pero a súa popularidade e crecemento a fan practicamente imprescindible para o internauta.
En inglés, ADSL son as siglas de Asymmetric Digital Subscriber Line (liña dixital asimétrica de abonado). Este tipo de líneas establecen tres canles de comunicación: envío de datos, recepción e servizo telefónico normal.
Joe Leichleder é o pai do ADSL, un investigador da compañía estadounidense Bellcore que en 1987 concebiu esta tecnoloxía con vista ao mercado do vídeo interactivo.
Bandwidth en inglés. Cantidade de bits que poden viaxar por un medio físico (cable coaxial, par trenzado, fibra óptica, etc.) de forma que mentres maior sexa o ancho de banda máis rápido se poderá obter a información. Mídese en millóns de bits por segundo (Mbps). Unha boa analoxía é unha autopista. Mentres máis carrís teña a rúa, maior cantidade de tráfico poderá transitar a maiores velocidades. O ancho de banda é un concepto moi parecido: é a cantidade de información que pode transmitirse nunha conexión durante unha unidade de tempo elexida.
Programa que ten como finalidade detectar e eliminar os virus informáticos así como curar os xa existentes nun sistema. Estes programas deben actualizarse periodicamente.
Entre os antivirus máis famosos están Norton , McAfee e Trend Micro Pccilin .
Basicamente, o que fai un antivirus é comparar o código de cada archivo cunha base de datos dos códigos (tamén coñecidos como firmas ou vacinas) dos virus coñecidos, polo que é importante actualizala periodicamente co obxectivo de evitar que un virus novo non sexa detectado.
Apache é un programa de servidor HTTP Web de código aberto (open source). Foi desenvolvido en 1995 e actualmente é un dos servidores web máis empregados na rede. Usualmente corre en UNIX, Linux, BSD e Windows. É un poderoso paquete de servidor web con moitos módulos que se lle poden agregar e que se conseguen gratuitamente en internet. Un dos seus competidores é Microsoft IIS.
g
| 1 - 4 de 188 | >> | |