Nacionalidade española |
Adquisición da nacionalidadeA nacionalidade española pode adquirirse de diversas formas: a) Nacionalidade de orixeSon españois de orixe:
b) Nacionalidade por opciónPoderán optar á nacionalidade española:
O dereito de opción caducará aos 20 anos de idade. Excepcións:
Nestes dous supostos a opción caducará aos 2 anos contados a partir do momento de determinación da filiación ou do nacemento en España, ou a partir da constitución da adopción.
c) Nacionalidade por ResidenciaPoderá adquirir a nacionalidade española calquera cidadán estranxeiro que residira en España, como norma xeral, durante 10 anos. Non obstante, existen determinadas excepcións: 5 anos:
2 anos:
1 ano:
En todos os casos a residencia haberá de ser legal, continuada e inmediatamente anterior á petición. A solicitude de nacionalidade española por residencia debe presentarse no Rexistro Civil correspondente ao domicilio do interesado. d) Nacionalidade por Carta de NaturezaÉ unha vía excepcional de adquisición da nacionalidade española, outorgada discrecionalmente mediante real decreto, que debe solicitarse ante o Ministerio de Xustiza sempre que existan razóns de interese público ou humanitarios, de carácter excepcional que a xustifiquen. Perda da nacionalidadea) A nacionalidade española pérdena os emancipados que, residindo habitualmente no estranxeiro:
A perda producirase unha vez que transcorran 3 anos a contar, respectivamente, desde a adquisición da nacionalidade estranxeira ou desde a emancipación. Non obstante, pode evitarse se dentro do prazo indicado declaran a súa vontade de conservar a nacionalidade española ao encargado do Rexistro Civil. A adquisición da nacionalidade de países Iberoamericanos, Andorra, Filipinas, Guinea Ecuatorial ou Portugal, non é bastante para producir, conforme ao anterior, a perda da nacionalidade española de orixe. b) Os españois emancipados que renuncien expresamente a ela, se teñen outra nacionalidade e residen habitualmente no estranxeiro.c) Os que naceran e residindo no estranxeiro ostenten a nacionalidade española por ser fillos de pai e nai españois, tamén nacidos no estranxeiro, cando as leis do país onde residan lle atribúan a nacionalidade do mesmo, se antes dos tres anos desde dita adquisición ou desde a súa maioría de idade, non declara a súa vontade de conservar a nacionalidade española no Consulado máis preto ao seu domicilio.Isto só será de aplicación a aqueles que cheguen á maioría de idade ou se emancipen despois do 9 de xaneiro de 2003. Nos supostos anteriores, non se perderá a nacionalidade española se España estivese en guerra. d) Tamén se perde a nacionalidade española, sempre e cando non se trate de españois de orixe, cando:
Recuperación da nacionalidadePode recuperase a nacionalidade española sempre e cando se reúnan os seguintes requisitos:
LEMBRE: é recomendable que todos os residentes no estranxeiro que teñan intención de trasladarse a residir en España, soliciten unha información máis actualizada e personalizada nos Consulados Españois dos respectivos países de residencia. |