¿A qué persoas se aplica o Convenio?
Aos españois e ucranianos que traballen ou tiveran traballado en un ou en ambos os dous países e aos seus familiares beneficiarios.
Aos que teñan a condición de refuxiados e aos apátridas, que residan no territorio de un dos dous países, así como aos seus familiares beneficiarios.
Tamén se aplica aos españois e ucranianos que sexan, familiares beneficiarios dun traballador, calquera que sexa a nacionalidade deste, sempre que dito traballador estivera sometido á lexislación dun ou de ambos os dous países.
¿Qué prestacións se inclúen no Convenio?
Información xeral
O Convenio aplicase ás seguintes prestacións:
En relación con España:
Ás seguintes prestacións do sistema da Seguridade Social:
- Prestacións por incapacidade temporal derivada de enfermidade común e accidente non laboral e maternidade.
- Prestacións por invalidez, xubilación, morte e supervivencia.
- Prestacións por accidentes de traballo e enfermidades profesionais.
- Prestacións familiares.
En relación con Ucrania:
Ás seguintes prestacións da Seguridade Social da poboación:
- Prestacións por incapacidade temporal, por embarazo e parto, nacemento do neno e coidado do neno.
- Prestación por xubilación, invalidez e supervivencia.
- Prestacións por accidentes de traballo e enfermidades profesionais.
- Subsidio de defunción.
- Prestacións familiares por fillos.
- Prestacións sociais.
Respecto a estas prestacións hai que ter en conta que:
- Para adquirir as prestacións de carácter contributivo previstas no Convenio, pódense sumar os períodos de seguro cumpridos en España e en Ucrania.
- As prestacións económicas de carácter contributivo poderanse percibir con independencia de que o interesado resida ou se atope en España ou en Ucrania.
- Cada país abonará as súas propias prestacións directamente ao beneficiario.
- As persoas que reúnan os requisitos esixidos por as lexislacións de ámbos os dous países para ter dereito a pensión contributiva, poderán percibir esta de cada un de eles.
Incapacidade temporal, Maternidade, Nacemento ou Coidado do neno
Para o recoñecemento destas prestacións sumaranse, se é necesario, os períodos de seguro ou de traballo acreditados en ambos os dous países e abonaranse exclusivamente por o país no que esté asegurado o traballador ao producirse o feito causante.
Invalidez, Xubilación e Supervivencia
Cada país examinará por separado a solicitude de prestación na forma seguinte:
- Comprobarase se o interesado acada dereito á pensión tendo en conta unicamente os períodos de seguro propios, sen sumar os do outro país.
- Asemesmo, calcularase a prestación sumando aos períodos de seguro propios os acreditados no outro país. Neste suposto, o importe da prestación non será íntegro, senón segundo a proporción existente entre os períodos de seguro cumpridos no país que lle outorgue e a suma dos períodos de España e Ucrania.
- Compáranse as prestacións calculadas segundo o indicado nos apartados anteriores e cada país recoñecerá e abonará a prestación que sexa máis favorable ao interesado.
Atención:
Existe unha disposición específica para as persoas de orixe español que, como consecuencia da guerra civil española, sendo menores de idade, se desprazaron ao territorio da ex-URSS, así como aos profesores ou coidadores que lles acompañaron, aos que, para o recoñecemento de pensións españolas, se lles considera acreditado un ano de cotizacións á Seguridade Social española.
Accidente de Traballo e Enfermidade Profesional
A prestación determinarase por o país a cuxa lexislación se atopara suxeito o traballador na data de producirse o accidente ou de contraerse a enfermidade.
Solicitude de prestacións
As solicitudes de prestacións españolas e ucranianas deberán dirixirse á Institución competente do lugar onde resida o interesado.
En España:
- Centro de Atención e Información da Seguridade Social máis próximo ao seu domicilio (Instituto Nacional da Seguridade Social) ou
- as Direccións Provinciais do Instituto Social da Mariña, cando se trate de traballadores incluídos no Réxime Especial de Traballadores do Mar.
En Ucrania:
Para o recoñecemento de pensións
- Ministerio de Traballo e Política Social
Para o pago de pensións
- Fondo de pensións de Ucrania
Para máis información consulta o texto completo do convenio:
|