Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior

Axudas para a adaptación dos nomes das entidades galegas no exterior

Nome do programa

Programa 8 . Axudas para a adaptación dos nomes e reforma dos estatutos das entidades galegas no exterior.

Este programa ten por obxecto a concesión de axudas ás entidades e centros galegos no exterior para sufragar, os gastos de asesoría, notariais e rexistrais derivados da adaptación dos seus nomes.

Resolución

Resolución do 25 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2008.

Destinatarios

Entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como aquelas institucións e asociacións sen fins de lucro radicadas no exterior, legalmente constituídas e que contribúan a favorecer a difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior ou que presten servizos socioasistenciais á colectividade galega residente no exterior.

Convocatoria

Diario Oficial de Galicia nº 47, do 6 de marzo de 2008.

Promovido por

Secretaría Xeral de Emigración.

Prazo de presentación

Ata o 21 de abril de 2008. As solicitudes dirixiranse á Secretaría Xeral de Emigración.

Finalidade das axudas.
  • Sufragar, en todo ou en parte, os gastos de asesoría, notariais e rexistrais derivados da adaptación dos nomes das entidades galegas no exterior á Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística de Galicia, que no seu artigo 10º.1 establece que os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega.
  • Contribuír a financiar, en todo ou en parte, os gastos de asesoría, notariais e rexistrais derivados da inclusión, na denominación das entidades galegas no exterior, da palabra Galicia ou dalgunha das súas derivacións, así como os que se orixinen pola adaptación dos seus estatutos aos requisitos establecidos pola lexislación autonómica vixente reguladora da materia.
Observacións

A acción subvencionada deberá ser executada e xustificada antes do 10 de decembro de 2008.

Contacto
  • Secretaría Xeral de Emigración
    Rúa Basquiños nº 2. C.P.: 15704
    Santiago de Compostela - A Coruña
Ano: 2008
Información adicional:

Consultar a resolución.

Guía do Cidadán



El tipo mime del documento es: application/pdfNotas importantes [gl]
Notas baseadas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
El tipo mime del documento es: application/pdfGuía para a presentación de solicitudes de subvencións destinadas ás comunidades galegas no exterior [gl]
Subvencións destinadas ás comunidades galegas no exterior para diversos programas de actuación
El tipo mime del documento es: application/pdfAnexos (versión online para imprimir) [gl]
Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación enviar o documento a imprimir coa información cumplimentada
El tipo mime del documento es: application/pdfAnexos [gl]
Todos os anexos da Resolución
El tipo mime del documento es: application/pdfResolución do 25 de febreiro de 2008 [gl]
Resolución do 25 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2008.