DescriciónProporcionar ferramentas de xestión empresarial para a creación de empresas, así como para a consolidación de empresas xa existentes en Galicia. Obxectivos- Fomentar o espírito emprendedor e favorecer a ampliación de oportunidades laborais e a integración laboral por medio do traballo por conta propia.
- Canalizar o acceso ao financiamento daqueles proxectos viables a través de liñas de microcrédito.
Beneficiarios/asEmigrantes retornados/as e inmigrantes con ideas emprendedoras. DatasDo 23 de outubro ao 22 de decembro de 2006. HorarioDe tarde, de luns a venres, a convir cos/coas alunos/as. Axudas de transporte Outorgaranse sempre e cando se resida a máis de 3 km. do lugar de impartición do curso. Lugar de realización- SANTIAGO: Instituto Galego da Xestión do Terceiro Sector (IGAXES3). Rúa da Muíña, 24 - San Lázaro – 15703 – Santiago de Compostela. Tel: 981 56 11 69
- VIGO: Cámara de Comercio, Industria y navegación de Vigo. Rúa República Arxentina, 18 A – 36201 – Vigo. Tel: 986 44 62 97.
Contido- Metodoloxía de elaboración do proxecto empresarial.
- Comercial - Marketing.
- Contabilidade – Finanzas.
- Xurídico - Laboral.
- Internet – Comercio Electrónico.
- Nocións de medioambiente e calidade.
- Trámites para a constitución de empresas en Galicia.
- Fontes de finanzamento para pemes - Microcréditos
- Axudas e subvencións a pemes e emprendedores/as
Datos Programas 2006
Ao longo do ano 2006 vanse realizar dous programas nas cidades de Santiago e Vigo. Prazas20 alumnos por Programa CustoTotalmente Gratuito. OrganizaSecretaría Xeral de Emigración en colaboración coa Fundación Galicia Emigración. Entidade xestoraFundación Galicia Emigración Información e inscripcións:Fundación Galicia Emigración Rúa do Vilar, 15-Baixo – 15705 – Santiago de Compostela autoemprego@fundaciongaliciaemigracion.es Tel: 981 55 44 63 Fax: 981 55 46 12
Finacian: |  | Colaboran: |  | |