Formación con compromiso de contratación |
![]() A través deste programa, a Fundación Galicia Emigración ofrece aos emigrantes retornados e inmigrantes a posibilidade de ser contratados tras un tempo de formación. A Secretaria Xeral de Emigración, en virtude dun convenio subscrito coa Fundación Galicia Emigración, desenvolve un programa destinado a favorecer a inserción laboral dos emigrantes retornados e dos inmigrantes vinculando a formación coa contratación posterior. O programa consiste na realización, por parte dos alumnos, de accións formativas de entre 100 e 150 horas en empresas colaboradoras coa Fundación Galicia Emigración e na posterior contratación nas mesmas do 40% dos alumnos formados por un tempo mínimo de seis meses. Os postos de traballo onde se produce a inserción laboral son os demandados polas empresas como: operario/a fábrica de metal, caixeiro/a, frigorista, etc. Os procesos de formación e o desempeño ulterior das tarefas profesionais poden ter lugar tanto en Galicia (na maior parte dos casos) como fora do territorio autonómico. Os cursos son gratuitos, e a Fundación pode conceder axudas ao transporte e incentivos á asistencia. Nos dous anos de vixencia do programa realizaronse 17 cursos en empresas cun alto sentido de responsabilidade social como Vegonsa (A Coruña); Tex/Car, S.L. (Ourense); Gestamp, S.A. (Vigo); Geriatros, S.A. (A Coruña); Megasider, S.L (Narón); Basculantes Baycar, S.L (Ourense); Alcampo, S.A. (A Coruña); Carrefour, S.A. (A Coruña, Ourense, Pontevedra e Vigo) ou Eulen, S.A. (A Coruña e Madrid). Como resultados deste Programa, durante os anos 2004 -2005 recibiron formación 191 alumnos, dos que 111 (o 57%) foron contratados polas empresas colaboradoras. Máis información sobre o Programa: |