Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

Convenio bilateral entre España e Brasil

¿A que persoas se aplica o Convenio?

Ás persoas que traballen ou traballaran nun ou ambos os dous países e aos seus familiares e dereitohabientes.

¿Que prestacións se inclúen no Convenio?

Información Xeral

O Convenio aplícase ás seguintes prestacións:

En relación con España:

Ás seguintes prestacións de carácter contributivo do Sistema de Seguridade Social:

  • Asistencia sanitaria por maternidade ou enfermidade ou accidente.
  • Prestacións económicas por incapacidade temporal e maternidade.
  • Prestacións por incapacidade permanente, vellez ou morte e supervivencia.
  • Protección familiar.
  • Prestacións por accidente de traballo e enfermidade profesional.

En relación con Brasil:

Ás seguintes prestacións do Réxime Xeral da Seguridade Social:

  • Asistencia médica, farmacéutica e odontolóxica, ambulatoria e hospitalaria.
  • Prestacións por incapacidade laboral temporal.
  • Prestacións por invalidez.
  • Prestacións por tempo de servizo.
  • Prestacións por vellez e morte.
  • Prestacións por natalidade.
  • Prestacións por accidente de traballo e enfermidade profesional.
  • Salario familiar.

Respecto a estas prestacións hai que ter en conta que:

  • Para adquirir as prestacións de carácter contributivo previstas no Convenio, pódense sumar os periodos de seguro cumpridos en España e Brasil.
  • As prestacións económicas de carácter contributivo poderanse percibir con independencia de que o interesado resida ou se atope en España ou en Brasil.
  • Cada país abonará as súas propias prestacións directamente ao beneficiario.
  • As persoas que reúnan os requisitos esixidos polas lexislacións de ambos os dous países para ter dereito a pensión contributiva, poderán percibir esta de cada un deles.

Asistencia sanitaria

A asistencia sanitaria recoñécea o país no que esté asegurado o traballador ou que abone a pensión, dacordo coa súa lexislación nacional.

Normalmente préstaa o país que a recoñece pero tamén poden recibila cando se despracen ou residan no outro país nos casos seguintes:

  • Traballadores asegurados nun país así como os seus familiares, que se despracen ao outro país temporalmente (por ex.: vacacións) e que precisen de forma inmediata a asistencia sanitaria.
  • Traballadores asegurados nun país e enviados a traballar a outro por un periodo non superior a tres anos ou a dous anos se se trata de traballadores por conta propia.
  • Pensionistas dun país e os seus familiares que se atopen ou residan noutro país. Durante a estancia temporal so teñen dereito a prestacións por necesidade inmediata.
  • Familiares do traballador que residan no outro país. As prestacións sanitarias sírvense no país onde se atope o beneficiario, e segundo o establecido na lexislación sanitaria e nos Servizos Públicos de Saúde dese país, durante o tempo que autorice a Institución do país onde o traballador esté afiliado ou que abone a pensión.

Incapacidade temporal e Maternidade

Para o recoñecemento destas prestacións súmanse, se é necesario, os periodos de seguro de ambos os dous países.

Invalidez, Vellez, Tempo de Servizo e Supervivencia

Cada país examinará por separado a solicitude de pensión na forma seguinte:

  • A Institución competente de cada país determinará se o interesado acada dereito á pensión tendo en conta únicamente os periodos de seguro propios, sen sumar os do outro país.
  • Asemesmo, dita Institución determinará o dereito a pensión sumando aos periodos de seguro propios os acreditados no outro país. Neste suposto, o importe da pensión non será íntegro, senón segundo a proporción existente entre os periodos de seguro cumpridos no país que a otorgue e a suma dos periodos de España e Brasil.
  • Unha vez determinados os dereitos do interesado segundo o indicado nos apartados anteriores, a Institución competente de cada país recoñecerá e abonará a pensión que sexa máis favorable ao interesado.

Accidente de Traballo e Enfermidade Profesional

A prestación determinarase polo país a cuxa lexislación estivese suxeito o traballador na data de producirse o accidente ou de contraerse a enfermidade.

Solicitude de prestacións

As solicitudes de prestacións españolas e brasileñas deberán dirixirse á Institución competente do país onde resida o interesado:

En España:

  • O Centro de Atención e Información da Seguridade Social máis próximo ao seu domicilio (Instituto Nacional da Seguridade Social) ou
  • as Direccións Provinciais do Instituto Social da Marina, cando se trate de traballadores incluidos no Réxime Especial dos Traballadores do Mar.

En Brasil:

  • O Instituto Nacional do Seguro Social.
Atención:
Se o interesado ou os seus causahabientes residen nun terceiro estado deberán dirixir a súa solicitude á Institución do país (España ou Brasil) baixo cuxa lexislación aquel estivo asegurado por última vez.

Outros datos de interese

  • As prestacións que foran concedidas por un ou ambos os dous países antes da entrada en vigor do Convenio, serán revisadas, a petición dos interesados, ao amparo do mesmo.
  • A aplicación do Convenio permite o exame do dereito a prestacións por continxencias que tiveran lugar con anterioridade á data da súa entrada en vigor, se ben o abono das mesmas non se efectuara por periodos anteriores a dita data, agás que a lexislación interna o permita.

Para máis información consulta o texto completo do Convenio:


El tipo mime del documento es: application/pdfConvenio bilateral entre España e Brasil [es]
CONVENIO de Seguridade Social entre o Reino de España e a República Federativa de Brasil, feito en Madrid o 16 de maio de 1991