Enlace á web da Secretaría Xeral de Emigración
usuarios rexistrados contrasinal
novo rexistro Vantaxes

17 de maio, día mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, e o Día de Internet en España

Logo do Día de Internet

O vindeiro 17 de maio, aparte de ser o día das letras galegas, tamén será o día mundial da Sociedade da Información, no que particulares, entidades, organismos, gobernos e asociacións de todo tipo celebrarán actos en todo o mundo en prol da divulgación da era da información e de Internet.


¿Cales son as orixes deste día?

  • Na I Cumbre Mundial sobre a Sociedade da Información– Ginebra 2003 subscribeuse a Declaración de Principios para construir a Sociedade da Información.
  • En Túnez, en Novembro de 2005, no marco da II Cumbre Mundial sobre a Sociedade da Información proponse o 17 de maio como Día Mundial da SI para promover o uso de Internet. No programa de accións da cumbre dise no seu artigo 121:

"É necesario contribuír a que se coñeza mellor Internet para que se converta nun recurso mundial verdaderamente accesible ao público. Facemos un chamamento para que a Asemblea Xeral da ONU declare o 17 de Maio, Día Mundial da Sociedade da Información, que se celebrará anualmente e servirá para dar a coñecer mellor a importancia que ten este recurso mundial ? e as diferentes formas de reducir a brecha digital. Programa de Accións de Túnez para a Sociedade da Información".

¿Que se pretende acadar?

  • Contribuir a que se coñeza mellor Internet e as súas utilidades en todos os eidos tratando de superar a fenda dixital que empeza a detectarse en distintas partes do mundo.
  • Divulgar, na medida do posible, o uso de Internet, especialmente nos colectivos nos que aínda non está moi introducida ou os que teñen maiores problemas para utilizar as tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC)

O día de Internet en España

O día de Internet xorde por iniciativa da Asociación de Usuarios de Internet (AUI) á que posteriormente se sumaron outras organizacións que invitan a toda a sociedade a que promuevan actividades e eventos con motivo desta efemeride. No portal www.diadeinternet.es existe unha declaración oficial á que se poden sumar tanto particulares como institucións.

GaliciaAberta, a través da Secretaría Xeral de Emigración sumouse á declaración institucional.

Por outra banda asociacións, empresas, organismos ou similares poden darse de alta como promotores, celebrando eventos co gallo do día de Internet.

Consulta todas as actividades e eventos que se preparan co gallo do Día de Internet