Lois Tobío Fernández |
![]() Redactor, con Ricardo Carvalho Calero e Alexandre Bóveda, do Anteproxecto de Estatuto de Autonomía de 1931, Tobío participou, xunto a Castelao, na creación do Partido Galeguista. En 1932 ingresou na carreira diplomática. Na diáspora republicana, ideou a creación do Consello da Galiza. Iniciou o seu exilio en Nova Iorque e de aí pasou a Cuba, onde fundou a Escola Libre da Habana; posteriormente, marchou a México, e por último a Uruguai, onde residiu até 1963, ano en que se instalou en Madrid. Colaborador activo na revista Galicia Emigrante, que dirixía Luís Seoane, algúns dos seus artigos apareceron publicados en varias revistas. Faleceu en Madrid no ano 2003. |
| Capítulo 1: Viveiro, 1906 Madrid, 2003 | [gl] | |
| Capítulo 2 - Elaboración do Estatuto de Autonomía de Galicia | [gl] | |
| Capítulo 3: Constitución do Consello de Galicia | [gl] | |
| Capítulo 4: 1º Congreso da Emigración Galega | [gl] | |
| Entrevista a Lois Tobio Fernández | [gl] | |
| Trascripción da entrevista | ||